Leonardo Sánchez Deus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1832 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1872 (39/40 anos) Florencia, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, revolucionario |
Leonardo Sánchez Deus, nado en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1832 e finado en Florencia en 1872, foi un escritor e revolucionario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi bautizado o 6 de setembro de 1832 na parroquia de San Xoán Apóstolo, co nome de Antonio Leonardo Sánchez Deus. Fillo lexítimo de Francisco Sánchez Rivadulla e María Deus Mato, residentes na Costa Nova. O pai era alguacil e morre aos 63 anos, o 6 de setembro de 1853. Os avós paternos eran da parroquia de Sar e a avoa materna aparece rexistrada como residente na parroquia de Buño; o avó materno consta como falecido no rexisto do bautismo.
Fillo dun loitador contra o absolutismo, abandonou os estudos de leis ao pouco de comezalos a consecuencia da morte do seu pai. Compaxinou as pasantías de latín coa actividade cultural e política xunto a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. A finais de 1856 abandonou Galiza e instalouse en Madrid. Participou na liberación de Sicilia e Nápoles. Trala derrota de 1862 en Aspromonte, foi detido. Liberado pola amnistía, cofundou con Delio Conti a Sociedade Democrática dos Traballadores. Fixo viaxes a España en 1863 e abril de 1864. Volveu a Italia e desapareceu da vida pública. Foi recluído no psiquiátrico de Florencia, onde promoveu a publicación Il Sottopancia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sánchez Deus, Leonardo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 225.
- Colectivo Avanti (2019). "Uma lembrança para Antonio Leonardo Sánchez Deus". Murguía. Revista galega de historia (40): 25–44.
- Martínez Azumendo, Ó. (2020). "«Un periódico de considerable interés» en Essex y «Sotto-Pancia» en Florencia. Dos publicaciones, pioneras y olvidadas, editadas en establecimientos psiquiátricos". Asclepio. Revista de historia de la medicina y de la ciencia 72 (2): 317–329.
- Murguía, M. (1886). Los precursores. A Coruña: Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.
- Pascual Sastre, I. M. (1994). "L’esperienza garibaldina di Leonardo Sánchez Deus". Bollettino della Domus Mazziniana (Pisa) 2: 120–147.
- —————— (1994). "Catorce cartas inéditas de Garibaldi sobre España". Hispania (Madrid). LIV/1 (186): 311–335.
- —————— (1995). La Italia del Risorgimento y la España del Sexenio democrático: de los precedentes a la crisis del Sexenio, 1860-1874. UCM.
- —————— (2001). La Italia del Risorgimento y la España del sexenio democrático (1868-1874). Madrid: CSIC. pp. 383–394.
- Ventura Ruiz, J. (2019). "Leonardo Sánchez Deus. Un galego nas tropas de Garibaldi". Grial. Revista galega de cultura LVII (224): 60–75.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ermida Meilán, X. R. (22 de marzo de 2012). "Leonardo Sánchez Deus: Do Banquete de Conxo ás Milicias Garibaldinas". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2016.