Leocadio Cacho Martín
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Palencia |
| Morte | 17 de maio de 1889 Valladolid |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeiro, político |
| Período de actividade | 1866 |
| Participou en | |
| 15 de xuño de 1869 | Pacto Federal Castelán |
Leocadio Cacho Martín, finado en Valladolid o 17 de maio de 1889, foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Masón. Foi elixido deputado polo distrito de Sarria nas eleccións de 1873. Detido en León en xaneiro de 1875,[1] foi posto en liberdade aos poucos días.[2] En abril de 1880 suscribiu o manifesto do Partido Progresista Democrático.[3] Foi directivo dunha empresa construtora do ferrocarril. Colaborou en El Porvenir. Finou en Valladolid o 17 de maio de 1889.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Saavedra Berruguete.