Lente de Fresnel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lente de Fresnel, chamada así polo seu inventor, Augustin Fresnel, é un deseño de lentes que permite a construción de lentes de grande apertura e unha curta distancia focal sen o peso e volume de material que cumpriría usar nunha lente de deseño convencional.

Características[editar | editar a fonte]

Cando as lentes son grandes o seu grosor pódese facer excesivo, pois fan a lente moi pesada e cara. Por isto, pódese manter os raios de curvatura das lentes separándoas en aneis circulares. O grosor da lente en cada anel é diferente, eliminando o enorme espesor que tería a lente de seren continuas as súas superficies, mentres que a superficie presenta un aspecto escalonado.

Emprégase en lupas planas con formato de tarxeta de crédito, lanternas de faros, faros de automóbiles, semáforos, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]