Saltar ao contido

Lenin Tamayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLenin Tamayo

(2026) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Wilbert Lenin Tamayo Pinares Editar o valor en Wikidata
2000 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Lima Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo quechua Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Maior de San Marcos - psicoloxía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor, psicólogo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiYolanda Pinares Editar o valor en Wikidata

Instagram: lenintamayoqpop Youtube: UCVRHHvxGl9CoddMktBn8_nQ Spotify: 0UuwXD6XjPLQpthX4LsHbn Apple Music: 1580699130 Editar o valor en Wikidata

Wilbert Lenin Tamayo Pinares, nado en Lima en 2000, é un cantautor peruano, considerado o creador do Q‑Pop (ou tamén chamado Quechua Pop), un xénero que fusiona o K-pop con música andina e letras na lingua quechua.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Lima, fillo da cantante andina Yolanda Pinares,[1] Tamayo creceu ouvindo música folclórica quechua. Durante a súa adolescencia descubriu o K-Pop, xénero no que se refuxiou tras ser vítima de acoso escolar.[2]

En 2022 volveuse viral en TikTok cun vídeo que alcanzou máis de 4,4 millóns de "gústame", onde interpretou unha canción en quechua con coreografía K-Pop. Así naceu o termo «Q-Pop».[3]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum, Amaru (2023), publicado en formato dixital, aborda temáticas como a identidade indíxena e a protesta social no Perú.[4] A produción foi ambientada con sons de zampoña, charango, pututos, chajchas e choiva. As gravacións dos videoclips foron realizadas en Cuzco.[5]

En 2024 no seu primeiro tour asiático, esgotou entradas en Corea do Sur, a India, Tailandia e Vietnam. Presentou dous concertos na Ópera de Hanoi con máis de 500 asistentes.[6] En 2025 Lenin anunciou a sinatura do seu contrato con Hybe Corporation, selo discográfico de BTS.[7]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2024 foi incluído pola revista Time na súa prestixiosa lista dos Next Generation Leaders, que salienta novos líderes que están a transformar o mundo dende distintos eidos.[8] Ese mesmo ano, foi recoñecido pola revista Rolling Stone como artista visionario do Q-Pop, en mérito á súa innovadora proposta musical que mestura a lingua quechua co estilo do pop surcoreano.[9]

Foi recoñecido como un dos 30 mozos máis inflúes de Latinoamérica na lista 30 Under 30 da Revista Forbes a nivel rexional.[10] Para esta lista tívose en conta a postulación de 150 mozas de países como México, Chile, Colombia, Guatemala, O Salvador, Panamá, Honduras, Nicaragua e a República Dominicana que participan en campos como os negocios, a cultura e a innovación.[11]

  1. "Lenin Tamayo y Yolanda Pinares celebran el Día de la Madre con legado musical andino". El Comercio. 10 de maio de 2025. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  2. ""Sufría de bullying": Lenin Tamayo cuenta anécdota en su colegio y cómo fue su primer acercamiento al K-pop". Exitosa. 21 de xaneiro de 2025. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  3. "Conoce a Lenin Tamayo, el fenómeno de redes sociales que fusiona quechua y K-pop". Los Angeles Times. 10 de agosto de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  4. "Lenin Tamayo, el fenómeno peruano de redes sociales que fusiona quechua y K-pop". Gestión. 10 de agosto de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  5. "Lenin, amor y libertad estrenó su primer álbum musical titulado “Amaru”". El Comercio. 29 de agosto de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  6. "Lenin Tamayo, la estrella peruana del K-pop quechua (Q-pop), agota entradas en su primera gira por Asia". RPP. 19 de outubro de 2024. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  7. "Lenin Tamayo, creador del Q’Pop, firma con HYBE, sello discográfico de BTS: el quechua en la escena global". Infobae. 12 de xuño de 2025. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  8. "Peruvian Pop Star Lenin Tamayo Is Bringing Quechua to the World". Time. 16 de outubro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2025. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  9. "Lenin Tamayo es nombrado “artista visionario del Q-Pop” por la revista Rolling Stone". El Comercio. 13 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de xuño de 2025.
  10. Staff, Forbes (2025-07-07). "30 Under 30 | Lenin Tamayo". Forbes Perú (en castelán). Consultado o 2025-07-08.
  11. Staff, Forbes (2025-07-07). "Estos son los Forbes 30 Under 30 de Perú 2025". Forbes Perú (en castelán). Consultado o 2025-07-08.