Lena Louarn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLena Louarn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Villeneuve-Saint-Georges, Francia Editar o valor em Wikidata
Regional council member of Brittany (en) Traducir
13 de decembro de 2015 –

Circunscrición electoral: Ille e Vilaine
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , política , pensionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua bretoa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGlenn Jegou (pt) Traducir, Bleunienn Jegou-Louarn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAlan Louarn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTangi Louarn (en) Traducir e Malo Louarn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Lena Louarn, nada o 13 de agosto de 1950 en Villeneuve-Saint-Georges, no departamento de Val do Marne, é unha militante e personalidade política bretoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Filla de Alan Louarn e de Noela Olier, foi educada en bretón xunto cos seus nove irmáns e irmás, entre os que destacan Tangi Louarn e Malo Louarn. En 1962, a familia volta a Bretaña, onde o seu pai crea a oficina de información Brudañ ha Skignañ, en Roazhon.

Vida política[editar | editar a fonte]

En 1994 presentouse ás Eleccións ao Parlamento Europeo nas listas da federación de partidos Rexións e Pobos Solidarios de Max Simeoni, e en 2010 foi na lista de La Bretagne Solidaire, Créative Et Responsable de Jean-Yves Le Drian.

Promoción da lingua bretoa[editar | editar a fonte]

En 1971 uniuse á organización Skol An Emsav (centro de ensino para adultos en lingua bretoa), cuxos membros contribuíron posteriormente á creación das escolas Diwan. Ela mesma foi cofundadora da escola Diwan en Roazhon en 1978.

Tamén foi presidenta da Ofis ar Brezhoneg (Oficina da lingua bretoa en galego), directora da revista mensual en bretón Bremañ e coordinadora do Consello Cultural da Bretaña. No ano 2000 foi galardoada pola Orde do Armiño. Tras varios anos presidindo a Skeudenn Bro Roazhon (federación de asociacións bretoas no Bro Roazhon), no 2010 presentouse polo departamento de Finistère polo partido de Jean-Yves Le Drian. Dende entón é Conselleira Rexional e Vicepresidenta do Consello Rexional da Bretaña a cargo da lingua bretoa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]