Saltar ao contido

Leite desnatado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leite desnatado
Imaxe
 Caracterizado por
 Causado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gkxv1m Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC178187 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC189977493 Editar o valor en Wikidata
UNII6A001Y4M5A Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O leite desnatado,[1] descremado ou magro,[2] é o leite ao que se lle eliminou a graxa mediante centrifugado. Coa graxa extraída pode facerse crema de leite (ou nata) e manteiga.

Características

[editar | editar a fonte]

Paradoxalmente todos os leites (enteiro, semidescremado e descremado) pasan polo proceso de descremado. A cantidade de graxa que producen as vacas é variable. Por iso, o leite descrémase e vólveselle engadir a graxa na súa medida xusta: descremado 0 %; semidescremado 1,5-1,8 %; e enteiro máis dun 3,2 %. Co descremado o leite pode perder ácidos graxos esenciais e vitaminas liposolubles. O sabor tamén se adoita ver afectado. Con todo, está indicado para persoas que por distintas afeccións, non poden consumir o leite enteiro, por exemplo en casos de alto colesterol no sangue ou problemas dixestivos.

A cantidade de graxa no leite varía moito dun mamífero a outro. O leite que contén máis graxa é o da foca de Ross, que contén un 68 % de graxa, o que o fai tan espeso como a maionesa. O leite de camela é o máis lixeiro con tan só un 2 % de lípidos.

  1. Manuel González González, ed. (2012). Dicionario de alimentación e restauración: galego - castelán - inglés. Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro. p. 97.
  2. ""En galego, "leite gordo""". Praza Pública. 12 de xullo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]