Saltar ao contido

Leite Celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leite Celta
 Instancia de
 Forma xurídica
Actividade
 Industria
Datas e cronoloxía
 Fundación
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Enderezo
A Regueira (Andrade), s/n Pontedeume 15614 A Coruña Editar o valor en Wikidata
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Leite Celta é unha empresa de orixe galega de envasamento de leite, lácteos bebibles e derivados (leite con zumes) con sede en Andrade, Pontedeume, e fábricas en Lugo, Ávila e Cantabria. Leite Celta foi fundada en 1989. Situouse dende un principio como unha empresa do sector pero con sinais de identidade propios. As empresas do sector de envasamento de leite estaban a empregar a nova tecnoloxía da empresa Tetra (o Tetra Brik), vendendo leite UHT. Leite Celta entrou no sector da man doutra empresa competidora de Tetra. Esta empresa achegou unha novidade que lle permitiu a Leite Celta diferenciarse no mercado; o envase de brik de 2 litros. Durante anos foi a única empresa que ofertou este formato, máis económico de fabricar. A empresa cambiou de donos varias veces estes anos e diversificou a súa produción a derivados lácteos, leite con zumes ou leite sen lactosa.

En 1989, Dean Foods mercou Leite Celta por 84 millóns de euros.[1]

En 2006, a portuguesa Lactogal comprou a empresa estadounidense Dean Foods Leite Celta e as súas fábricas en España e Portugal por 50 millóns de euros.[2][3]

En 2007, Leite Celta levou aos tribunais europeos a empresa francesa Celia por similitude de marca en leite e outros alimentos.[4]

En 2008, catro mil gandeiros ocuparon a fábrica de Leite Celta en Pontedeume en protesta polos baixos prezos do leite.[5]

En 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a licenza de obra concedida en 2006 polo Concello de Pontedeume a Leite Celta e ordenou a demolición da planta de coxeración construída en chan rústico.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]