Leire Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeire Bilbao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ondarroa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Literaturaren Zubitegia: 748 Dialnet: 2627925 Musicbrainz: f67f20e4-2b72-4982-b58f-323c27924041 Editar o valor em Wikidata

Leire Bilbao Barruetabeña, nada en Ondárroa, Biscaia o 27 de xullo de 1978 é unha escritora en éuscaro.

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de PEN Club.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Deusto, colaborou nalgúns medios de comunicación, como Radio Euskadi, Deia e Berria. Na súa mocidade estivo vinculada ao mundo do versolarismo. Como escritora a súa obra desenvólvese sobre todo ao redor da poesía e a literatura infantil e xuvenil. Ao longo da súa carreira foi galardoada con distintos premios. Varias das súas obras foron traducidas ao catalán, ao español e ao galego.[2]

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Comezou de moza participando e gañando premios literarios.[3] En 2006 empezou escribindo libros dirixidos ao público infantil e xuvenil, e coa publicación de Amonak nobioa du, eta zer? (A avoa ten noivo, e que?) (editorial Elkar) comezou a súa andaina no mundo de LIX, cunha produción abundante e moi produtiva. En anos posteriores continuou publicando continuamente traballos para nenos e novos.

Na Literatura para adultos, empezou o seu camiño literario cun libro de poemas: Ezkatak (2006), publicado pola Editorial Susa. Algúns poemas que compoñen o libro foron traducidos: ao inglés, ao italiano, ao alemán, ao catalán, e outros cantos ao galego e castelán. Cinco anos máis tarde, publicou o seu segundo libro de poemas, Scanner (Susa, 2011), que está dirixido a lectores adultos. Algúns poemas deste segundo libro tamén foron traducidos a outros idiomas, como ao inglés, romanés, letón, checo, sueco, chinés e galego. E algúns poemas desta autora tamén foron recollidos en antoloxías como Forked Tongues, El poder del cuerpo, Sangrantes, Escolma salvaxe ou Traslúcidas. Así mesmo, varios poemas deste segundo libro foron cantados por cantantes vascos. En 2018 publica o seu poemario bilingüe Entre escamas e en 2020 Etxeko urak.[4][5]

En 2014 participou na 3ª edición do “Con barqueira e remador”, un obradoiro internacional de Tradución Poética que se organizou na Illa de San Simón, na ría de Vigo.[6] En 2016 participou no programa "Poetas itinerantes", proxecto de amplo alento promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramon Llull e o Consello da Cultura Galega.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura Infantil e Xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Amonak nobioa du, eta zer? (2006). Elkar
  • Komunean galtzen naiz (2007). Elkar
  • Markel Gelazikin (2008). Elkar
  • Martin, egon geldi (2009). Elkar
  • Teresa Cereixa / Garazi Gerezi (2009). Gero Mensajero
  • Olagarro bat bainuontzian (2010). Elkar
  • Armairu barruan ipuinak irakurtzen zituen neska (2010). Erein.
  • Oihana hirian (2011). Elkar.
  • Gaua balkoian (2012). Mezulari.
  • Euli bat dut bihotzean (2013). Elkar.
  • Gerrak ez du izenik (2013). Pamiela.
  • Doministripu jauna (2014). Elkar.
  • Itsasoa edan dut (2014). Ibaizabal.
  • Errotondan bueltaka (2015). Elkar
  • Pikondoaren balada (2017). Elkar.
  • Leiho bat eta leiho bi (2018). Zubia-Santillana.
  • Pico Chico (2019). Tramuntana / Bec Xic (2019). Mokotxiki (2017). Pamiela.
  • Bichopoemas y otras bestias / Bechopoemas e outras bestas / Bitxopoemes i altres bèsties (2019). Kalandraka. Xomorropoemak (2016). Pamiela.
  • Bestiapoemas y otros bichos / Poemas bestas e outros bechos/ Bèsties, poemes i altres bitxos (2021). Kalandraka / Piztipoemak (2016). Pamiela.
  • Barruko hotsak eta beste soinu txiki batzuk (2021). Pamiela.
  • Itzal itzela (2022). Ikaselkar.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Ezkatak (2006). Susa.
  • Scanner (2011). Susa.
  • Entre escamas (2018). Marisma
  • Etxeko urak (2020). Susa.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Nijole Miliauskaite (2016). Munduko poesia kaierak

Antoloxías[editar | editar a fonte]

Foi seleccionada entre os oito poetas en lingua vasca recollidos en Las aguas tranquilas (Renacimiento, 2018). A propia autora cotraduciu a súa obra ao español, xunto ao antólogo Aitor Francos.[8]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2013: Premio Etxepare, co libro Gerrak ez du izenik.
  • 2017: Premio Lizardi, co libro Pikondoaren balada.
  • 2017: Premio Euskadi Literatura Infantil e Xuvenil en éuscaro, co libro Xomorropoemak eta beste piztia batzuk
  • 2019: Premio Kirico 2019, co libro Bichopoemas e outras bestas.2021: Premio Lauaxeta 2021, co libro Etxeko urak (Susa, 2020)
  • 2022: Premio Euskadi Literatura Infantil e Xuvenil en éuscaro, co libro Barruko hotsak.
  • 2022: Premio Rosalía de Castro de PEN Club.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós (2022-10-31). "Os premios Rosalía de Castro do PEN Clube xa teñen gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2022-11-01. 
  2. "Bilbao Barruetabeña, Leire - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2022-11-01. 
  3. "Leire Bilbao Barruetabeña". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  4. "News". basqueliterature.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 01 de novembro de 2022. 
  5. "Poema". armiarma.eus. 
  6. "La escritora vasca Leire Bilbao está participando en el taller de traducción poética". www.etxepare.eus (en castelán). Consultado o 2022-11-01. 
  7. "Poetas itinerantes". consellodacultura.gal. Consultado o 2022-11-01. 
  8. "'Las aguas tranquilas',el escaparate de ocho poetas euskaldunes con estilos muy diversos". El Diario Vasco (en castelán). 2018-02-27. Consultado o 2022-11-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]