Lei da Moeda de 1816 (Reino Unido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda

A Lei da Moeda de 1816 (Coinage Act 1816 —56 GEO. III C.68—)[1], coñecida tamén como Lei de Liverpool (Liverpool's Act),[2] foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 22 de xuño de 1816 para definir o valor da libra esterlina naquel momento en relación co valor do ouro.

Contido[editar | editar a fonte]

Libra esterlina ou soberano de ouro de Xurxo III cuñado en 1817, o primeiro logo da aprobación da Lei da Moeda de 1816.

En virtude desta lei, definiuse unha libra troy de ouro estándar de 22 quilates como equivalente a 46 libras, 14 xilins e 6 peniques.[3] Isto era equivalente, pola súa vez, a 44½ guineas. tendo en conta que o valor da guinea quedou fixado, en decembro de 1717, nunha libra e un xilin.

Consonte o preámbulo da Lei da Moeda de 1816, os seus propósitos eran:

  • A prohibición do uso da moeda de prata para as transaccións superiores aos 40 xilins.
  • Establecer un padrón ouro único para todas as transaccións, independentemente do seu montante.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "56 GEO. III. C.68. An Act to provide for a New Silver Coinage, and regulate the Currency of the Gold and Silver Coin in thisn Realm [22 June 1816]". En The Statutes of the United Kingdom of Great Britain and Ireland. 56 George III. 1816. Londres, 1816.
  2. Sargent, T. J.; Velde, F. R. (2002). Páxina 303.
  3. "British Currency: Gold". En Lisle, G. (1906). Páxina 277.
  4. "Currency Reform in England and the Act of 1816". En Scott, W. A. (1920). Páxinas 342-345.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]