Leiótrix de bico vermello
| Leiótrix de bico vermello | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||

O leiótrix de bico vermello[1] (Leiothrix lutea) é unha especie de ave paseriforme da familia Leiothrichidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]O macho posúe un canto parecido ao do reiseñor común. Ademais, posúen unhas atractivas cores, das que destaca o verde das ás e o amarelo da gorxa.[2] A súa alimentación é principalmente insectívora, pois caza todo tipo de insectos e vermes.[2] Tamén se alimentan de sementes e froitas.[2]
É empregada como ave de gaiola.[2]
Distribución natural
[editar | editar a fonte]É unha especie orixinaria do sur de Asia, concretamente desde o norte do Himalaia e Tailandia até o sur da China e Myanmar.[2]
Distribución actual
[editar | editar a fonte]Algunhas poboacións foron introducidas no Xapón, en Hawai, en Florida (Estados Unidos) e nas illas Reunión.[2] O carácter invasor desta especie motivou a prohibición da súa importación, venda, cría e liberación ao medio ambiente no Xapón.[3][4]
En Europa está documentada a presenza de individuos escapados en España e Francia.[2] Destaca, dende 1990, o seu asentamento na Serra de Collserola, en puntos do núcleo urbano de Barcelona e na fronteira con Francia no País Vasco e Navarra.[2][5]
Debido ao seu potencial colonizador e á grave ameaza que supón para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado por Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, a súa posesión, o seu transporte, o seu tráfico e o seu comercio.
Conservación e ameazas
[editar | editar a fonte]Debido a que o seu rango de distribución é moi grande, a UICN non a cataloga como especie ameazada, a pesar da destrución do seu hábitat e a súa captura como ave de gaiola.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leiótrix de bico vermello |
