Leet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leet (ou 1337) tamén coñecido como eleet ou Leetspeak, é un alfabeto alternativo para o inglés usado principalmente en Internet. Basease na substitución dos caracteres latinos por caracteres ASCII. Por exemplo, a escritura Leet de leet podería ser 1337 ou l33t; outros exemplos poderían ser Wiki escrito como \^/!|{! ou hacker escrito como #4><0|2 (literalmente: haxor).

O termo procede da pronuncia inglesa da palabra elite. Así o termo leet é utilizado como adxectivo para describir fazañas ou logros importantes, principalmente en videoxogos en liña e no seu entorno orixinal, as comunidades de hackers.

Pola súa forma podería considerarse unha linguaxe cifrada para comunicarse de forma non explícita, pero o seu uso foi estendéndose e xerando diferentes dialectos en moitos foros e comunidades en Internet.

Ortografía[editar | editar a fonte]

Un dos puntos fortes do Leet é a súa aproximación única á ortografía, utilizando substitucións dunha ou varias letras dunha palabra por outros caracteres.

Para o uso máis casual de Leet, a estratexia primaria é utilizar homóglifos, símbolos que se asemellan de forma visual (en graos variábeis) ás letras ás que substitúen. O símbolo escollido é flexíbel. Calquera cousa á que o lector poida darlle sentido é válida. Con todo, esta práctica non é amplamente utilizada no Leet habitual; a miúdo é visto en situacións onde o uso do argot (coma unha "lingua secreta") é requirido para excluír aos novos usuarios (newbies ou n00bs na xerga inglesa e Leet) ou aos foráneos (outsiders) que non poden atoparlle sentido ao que len.

Outro uso para a ortografía Leet é a creación de contrasinais. Utilizando este método, un pode crear un contrasinal relativamente seguro aínda que sexa sinxelo de lembrar. En moitas ocasións as limitacións impostas por sitios web na lonxitude do contrasinal e nos caracteres permitidos (normalmente alfanuméricos e o guión baixo _) non permiten formas de Leet complexas.

Alfabeto Leet[editar | editar a fonte]

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z
4
@
/-\
/\
^
aye

ci
λ
Z
8
|3
6
13
|3
ß
]3
(
<
¢
{
©
sea
see
|)
[)

])
I>
|>
0
ð
cl
3
£
&

[-
ə
|=
]=
}
ph
(=
ʃ
6
9
&
(_+
C-
gee
jee
(γ,
cj
|-|
#
]-[
[-]
)-(
(-)
 :-:
}{
}-{
aych
!
1
|
eye
3y3
ai
¡
_|
_/
]
¿
</
_)
ʝ
X
|<
|X
|{
ɮ
1
7
|_
£
|
|_
lJ
¬
44
/\/\
|\/|
em
|v|
IYI
IVI
[V]
^^
nn
//\\//\\
(V)
(\/)
/|\
/|/|
.\\
/^^\
/V\
|^^|
AA
|\|
/\/
//\\//

И
[\]
<\>
{\}
//

[]\[]
]\[
~
0
()
oh
[]
¤
Ω
@
|*
|o

|>
|"
 ?
9
[]D
|7
q
þ


|D
0_
0,
(,)
<|
cue
9
|2
2
/2
I2
|^
|~
lz
®
|2
[z
|`
l2
Я
.-
ʁ
5
$
z
§
es
7
+
-|-
1
']['
|_|
(_)
Y3W
M
µ
[_]
\_/
\_\
/_/
\/

\\//
\/\/
vv
'//
\\'
\^/
(n)
\X/
\|/
\_|_/
\\//\\//
\_:_/
]I[
UU
Ш
ɰ

JL
 %
><
Ж
}{
ecks
×
*
)(
ex
j
`/
`(
-/
'/
Ψ
φ
λ
Ч
¥
2

~/_
 %
ʒ
7_

Esta táboa é unha guía e non unha ferramenta de tradución. Leet e un sistema sempre cambiante e non tódalas substitucións estarán, ou poderán estar, incluídas.

Vocabulario[editar | editar a fonte]

Moitas palabras orixinalmente Leet transcenderon e forman parte do argot actual de Internet.

Por outra banda novas palabras (ou variacións novas) aparecen pola necesidade de facer que o pseudónimo na rede sexa único. A medida que os servizos en Internet van medrando, o número de pseudónimos dispoñíbeis e cada vez menor. Mentres moitos usuarios desexan o pseudónimo "Galego", por exemplo, en moitos casos só un usuario poderá optar ao mesmo. Así aparecen degradacións ou transformacións máis ou menos Leet, coma "Galeg0", "G@L3G0", "g413g@". Dada a amplitude e constante evolución de Leet , hai moitas posibilidades de que moitos usuarios teñan "o mesmo" pseudónimo.

Termos comúns[editar | editar a fonte]

  • Haxor: hacker.
  • n00b: novato (do inglés: newbie).
  • Owned (ou pwn3d): referido á dominación dun xogador nun videoxogo ou argumento (non unha simple vitoria), ou un hackeo con éxito dunha páxina web ou dunha computadora.
  • Pr0n (ou n0rp): pornografía (do inglés: porn).

Variantes na lingua galega[editar | editar a fonte]

Dado que o Leet só é un alfabeto, en moitas ocasións é adaptado para o uso en outras linguas alleas ao inglés. Un exemplo estendido é o uso do @ coma substituto do o e o a naquelas palabras que teñen diferenza de xénero. Por exemplo: galeg@s (significando tanto galegas como galegos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]