Lee Morin
Lee Morin | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de setembro de 1952 |
Lugar | Manchester |
Actividade | |
Misións | STS-110 |
Tempo no espazo | 10,82 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lee Miller Emile Morin, nado en Manchester, Nova Hampshire, o 9 de setembro de 1952, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-110.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Morin graduouse en matemáticas e ciencias eléctricas pola Universidade de Nova Hampshire en 1974. É máster en bioquímica pola Universidade de Nova York en 1978 e ten un doutoramento en medicina, así como un grao en microbioloxía, pola Universidad de Nova York en 1981 e 1982 respectivamente. Tamén ten un máster en saúde pública pola Universidade de Alabama en Birmingham en 1998.[1]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-110 e pasando un total de 10,82 días no espazo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Morin, Lee Miller Emile" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lee Morin |