Lee Martin
| Nome orixinal | Martin Lee Goodman |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 16 de xullo de 1917 |
| Morte | 16 de abril de 2011 (93 anos). |
| País de nacionalidade | |
| Actividade | |
| Ocupación | Numismático, autor. |
| Empregador | Miller Publications. |
| Membro de | Numismatic Collectors of Orange County. The Elongated Collector. California Collectors of Elongateds. |
| Premios | |
| 1970: Premio Clemy (NLG). | |
Lista
| |
Lee Martin, nado en Great Falls, Montana, o 16 de xullo de 1917 e finado o 16 de abril de 2011, foi un fotógrafo, autor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lee Martin naceu en 1917 en Great Falls, Montana. Entre 1937 e 1946 cursou estudos de fotografía, que compaxinou co seu servizo na Forza Aérea estadounidense entre 1943 e 1945.[1]
Finalizada a segunda guerra mundial, traballou en varios estudios fotográficos entre 1946 e 1964, e logo foi xefe de publicidade de Miller Publications e da súa revista numismática CoinAge, desde 1965 ata a súa xubilación en 1982.[1]
Como afeccionado á numismática, Martin coleccionou e estudou sinaladamente as coñecidas como moedas elongadas. Sobre estas e sobre outros temas publicou máis de 3.000 artigos en revistas especializadas como COINage, Coin Mart, Coin World, The Numismatist ou Rarities, e colaborou tamén cunha columna semanal de difusión numismática no xornal Orange County Register. En 1967 saíu á luz unha compilación dos seus artigos publicados ata aquel momento, baixo o título de Coin Columns.[1]
No seu labor como divulgador numismático colaborou nos cursos de correspondencia organizados pola American Numismatic Association (ANA), e mesmo produciu unha serie de vídeos educativos con esa finalidade.[1][2]
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Lee Martin foi un dos fundadores do Numismatic Literary Guild en 1968. Tamén foi fundador da entidade Numismatic Collectors of Orange County e pertenceu aos consellos directivos doutras como The Elongated Collector, California Collectors of Elongateds e outras, en California.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Lee Martin casou en 1958 cunha muller chamada Alice, con quen tivo un fillo. O seu falecemento produciuse o 16 de abril de 2011.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1970: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG).[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Lee Martin ao longo da súa traxectoria:[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 Smith, P. (2025).
- ↑ Alpert, D. (1986). "Video Lets Collectors Get the Big Numismatic Picture". En Los Angeles Times. 28 de agosto.
- ↑ "About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2025). "Martin, Lee". En American Numismatic Biographies. Páxina 284.