Ledoira, Frades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ledoira
Igrexa de San Martiño de Ledoira
ConcelloFrades[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°01′02″N 8°14′30″O / 43.0173, -8.2418Coordenadas: 43°01′02″N 8°14′30″O / 43.0173, -8.2418
Área5,66 km²
Poboación142 hab. (2023)
Densidade25,09 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Ledoira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o INE en 2023 tiña 142 habitantes (69 mulleres e 73 homes)[2]. Ten dez entidades de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Situada ao sueste do concello de Frades, linda ao suroeste co Pino e ao sur con Arzúa. Dentro do termo municipal fai o propio con Vitre ao norte, con Céltigos ao nordés, con Añá ao sueste e con Gafoi ao oeste.

A súa orografía vai condicionada polo río Tambre, que polo sur fai as funcións de límite municipal, sendo o principal curso fluvial, ao que verten as súas augas os regatos do Pío e do Porto. Na zona norte da parroquia está o Monte de Vara, con cotas que roldan os 385 m, e as cotas máis baixas están no sur, nas beiras do río Tambre, que apenas alcanzan os 300 m.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Ledoira, Frades entre 2000 e 2023

     Padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial ten características construtivas similares ás da zona: planta rectangular con sancristía engadida nun lateral, e unha única nave; muros de carga de cachotería recebada e pintada de branco; vans escasos e de pequenas dimensións, cun esquema compositivo da fachada concentrando os elementos –porta, fiestra e espadana– nun mesmo eixo lonxitudinal central; cuberta de tella a dúas augas, e elementos ornamentais practicamente inexistentes. Estes últimos limítanse a unha serie de pezas de cantería rodeando a porta principal, unha moldura curva no cornixamento e unha espadana decorativa dun só corpo e dous arcos rematada en pináculos con bólas e cruz.

Turismo[editar | editar a fonte]

A area recreativa da Presa conta cunha praia fluvial, aproveitando a presenza dunha represa no río Tambre. O espazo conta con fonte, varias mesas e unha grella.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas que se celebran son o Carme o primeiro domingo de agosto, o San Martiño a segunda fin de semana de novembro, o Santo Antón o 13 de xuño e a xuntanza parroquial a comezos do verán.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ledoira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ledoira no concello de Frades (A Coruña)

O Covelo | A Figueira | Fonte Maior | A Igrexa | Ponte Carreira | As Quintás | Receá | Ribadas | O Vilar | Vilorín


Parroquias de Frades[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Frades

Abellá (Santo Estevo) | Aiazo (San Pedro) | Añá (Santa María) | Céltigos (San Xulián) | Frades (San Martiño) | Gafoi (Santa Mariña) | Galegos (San Martiño) | Ledoira (San Martiño) | Mesos (San Salvador) | Moar (Santaia) | Papucín (Santa María) | Vitre (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ledoira na web do concello de Frades