Led Zeppelin III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Led Zeppelin III
Álbum de Led Zeppelin
Publicado 5 de outubro de 1970
Gravación Xaneiro - agosto de 1970
Selo(s) Atlantic Records
Producido por Jimmy Page
Cronoloxía
Led Zeppelin II Led Zeppelin III Led Zeppelin IV

Led Zeppelin III é un disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin, publicado no 5 de outubro de 1970, pola discográfica Atlantic.

Neste álbum o grupo afonda máis nos compoñentes folk do seu repertorio, sendo a maioría dos temas deste xénero. Deixando o rock máis duro, xa amosado no anterior disco, nun segundo plano, pero con pezas de gran calidade que acabarían sendo das más coñecidas da banda, como pode ser "Immigrant Song". O disco provocou críticas, unhas criticando que as cancións máis duras eran simple e gratuíto ruído, mentres que o material acústico foi tachado de imitación de Crosby, Stills, Nash & Young. Aínda con todo conseguiu chegar ó máis alto das lista inglesa e anericana.

O disco xorde durante unhas vacacións de Page e Plant cuns amigos despois das vertixinosas xiras. Foron ata unha cabana en Bron-y-Aur (Gales). Así foron influídos pola atmosfera que respiraban naquel retiro, reflectido en declaracións da banda en relación co disco:

Credit must be given to BRON-Y-AUR a small derelict cottage in South Snowdonia for painting a somewhat forgotten picture of true completeness which acted as an incentive to some of these musical statements.
August, 1970
Debe darse crédito a BRON-Y-AUR, unha ruinosa casa de campo en South Snowdonia, por pintar unha imaxe algo esquecida da verdadeira enteireza que serviu de incentivo dalgunhas destas concepcións musicais.
Agosto de 1970

Posteriormente gravaron os temas en Headley Grange, unha mansión en Hampshire (co estudio ambulante dos Rolling Stones) e os estudios Island en Londres.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Immigrant Song" (Jimmy Page, Robert Plant) – 2:25
  2. "Friends" (Page, Plant) – 3:54
  3. "Celebration Day" (Page, Plant, John Paul Jones) – 3:29
  4. "Since I've Been Loving You" (Page, Plant, Jones) – 7:23
  5. "Out on the Tiles" (Page, Plant, John Bonham) – 4:07
  6. "Gallows Pole" (tradicional arranxada por Page, Plant) – 4:56
  7. "Tangerine" (Page) – 3:10
  8. "That's the Way" (Page, Plant) – 5:37
  9. "Bron-Y-Aur Stomp" (Page, Plant, Jones) – 4:16
  10. "Hats off to (Roy) Harper" (tradicional) – 3:42

Créditos[editar | editar a fonte]