Led Zeppelin II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Led Zeppelin II
Álbum de Led Zeppelin
Publicado 22 de outubro de 1969
Gravación Xaneiro - agosto de 1969
Xénero(s) hard rock, heavy metal, blues rock
Selo(s) Atlantic Records
Producido por Jimmy Page
Cronoloxía
Led Zeppelin Led Zeppelin II Led Zeppelin III

Led Zeppelin II, tamén coñecido co nome de The Brown Bomber, é o segundo disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin lanzado ó mercado o 22 de outubro de 1969. Neste segundo disco a grupo perfecciona máis as ideas xa amosadas no seu primeiro disco creando un disco con aínda máis acollida e é o que os consagra no mundo musical.

Circunstancias[editar | editar a fonte]

Gravado durante as súas frenéticas xiras europea e americana, entre os meses de xaneiro e agosto, en diferentes estudios de Gran Bretaña e Estados Unidos. Considerase un exemplo de Hard Rock, onde fan unha evolución do blues creando riffs, como os de "Whole Lotta Love" ou "The Lemon Song", e coros vocais que converteranse en referentes deste xénero, inspirando posteriormente a outros grupos como Deep Purple. Algúns ven neste disco incluso a orixe do Heavy Metal. Estas composiciós están perfectamente mesturadas con outras cun estilo máis blues ou folk.

A portada do disco é unha foto da División Jasta da forza aérea alemá durante a Primeira Guerra Mundial na que as caras dos seus integrantes foron cambiadas polas dos integrantes do grupo e detrás aparece a silueta branca dun zeppelin sobre un fondo marrón, de aí o nome de The Brown Bomber

O disco tivo mellor acollida no mercado discográfico que o seu primeiro disco, chegando ó número 1 das listas de Inglaterra e de Estados Unidos, quitando o primeiro posto neste país o disco dos Beatles, Abbey Road.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Whole Lotta Love" (Bonham/Dixon/Jones/Page/Plant) 5:34
  2. "What Is and What Should Never Be" (Page/Plant) 4:44
  3. "The Lemon Song" (Bonham/Jones/Page/Plant) 6:19
  4. "Thank You" (Page/Plant) 4:47
  5. "Heartbreaker" (Bonham/Jones/Page/Plant) 4:14
  6. "Living Loving Maid (She's Just a Woman)" (Page/Plant) 2:39
  7. "Ramble On" (Page/Plant) 4:23
  8. "Moby Dick" (Bonham/Jones/Page) 4:21
  9. "Bring It On Home" (Dixon/Page/Plant) 4:20

Créditos[editar | editar a fonte]