Saltar ao contido

Learjet 35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Learjet 35
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Características
 Configuración da á
Implicados
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
Learjet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
Learjet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1973 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
22 de agosto de 1973 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   14,82 m Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   12 m Editar o valor en Wikidata
 Total producido
   738 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fh8qn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os Learjet Model 35 e Model 36 son unha serie de reactores executivos e transportes militares multirrol estadounidenses fabricados por Learjet. Os avións usados pola Forza Aérea dos Estados Unidos reciben a designación C-21A.

O avión está impulsado por dous motores turboventilador Garrett TFE731-2. A súa cabina pode arranxarse para transportar de seis a oito pasaxeiros. O Model 36 de maior alcance ten menos espazo para a pasaxe, ocupado na parte traseira por tanques de combustible.

Os motores están montados en góndolas nos laterais da fuselaxe traseira. As ás están equipadas con flaps dunha única rañura. Os tnques de combustible das puntas das ás distinguen a este deseño doutros avións con funcións semellantes.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O concepto que se converteu no LJ35 comezou como o Learjet 25BGF (co GF referíndose a "Garrett Fan"), un Learjet 25 cun novo turboventilador TFE731 montado no lado esquerdo no lugar do turborreactor General Electric CJ610 do 25. Este avión, que actuou como banco de probas, voou por vez primeira en maio de 1971.[1] Como resultado do incremento de potencia e do reducido ruído do novo motor, Learjet mellorou aínda máis o deseño, e en vez de ser sinxelamente unha variante do 25, converteuse nun novo modelo, o 35.

  1. "Learjet 31/35/36". Airliners.net. Consultado o 2022-05-16.