Lazareto, Grecia
Lazareto - Λαζαρέτο | |
---|---|
Λαζαρέτο | |
![]() Lazareto na baía de Vathy | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 38°22′5″N 20°42′45″L / 38.36806, -20.71250 |
Xeografía | |
Superficie | 0´255 km² |
Longura máxima | 50 m. |
Largura máxima | 50 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Lazareto (Grego: Λαζαρέτο, tamén chamada Nisaki tou Sotira Νησάκι του Σωτήρα, os illotes do Salvador") é o nome dunha pequena illa hoxe deshabitada na baía de Vathy, no porto de Ítaca
A pequena illa cuberta de árbores atópase a uns 100 metros da beira da baía. Nela hai unha capela construída en 1668. Do mesmo xeito que en Lazzaretto Vecchio na lagoa de Venecia, a illa no período moderno serviu como hospital e zona de corentena. En 1817 os británicos construíron na illa un edificio de dous pisos onde se atopa un busto do entón Alto Comisionado británico para as Illas Xónicas, Sir Thomas Matilands. O edificio foi utilizado por primeira vez como prisión para os exiliados. Entre os detidos aquí estaba o revolucionario grego Odysseas Androutsos. En 1912 os edificios foron abandonados. Desde abril de 2008 a Sociedade Grega para o desenvolvemento do Turismo (Εταιρεία Τουριστικής Ανάπτυξης), administra a propiedade para a conservación e utilización turística da illa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lazareto, Grecia |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lazareto on GTP Travel Pages (en varias linguas)
- Páxina da illa (en grego)