Lawrence Lessig
Lawrence Lessig | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de xuño de 1961 |
Lugar de nacemento | Rapid City |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Cambridge, Yale Law School, Trinity College, Wharton School e Loyalsock Township High School |
Ocupación | xurista, activista político, avogado, escritor de non ficción, informático teórico, político, catedrático e mestre |
Premios | Webby Lifetime Achievement Award, FSF Award for the Advancement of Free Software, Berlin Prize, Scientific American 50 e Doutor honoris causa pola Universidade de Lund |
Na rede | |
https://www.lessig.org/ e http://lessig2016.us | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lawrence Lessig, nado o 3 de xuño de 1961 no estado do Dakota do Sur, é un xurista norteamericano de notoriedade internacional.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Pensilvania, no Trinity College (Cambridge) e na Universidade Yale. Foi profesor de Dereito en Harvard e na Universidade de Chicago.
Está considerado liberal progresista, se ben no seu momento foi asistente dos xuíces Richard Posner e Antonin Scalia, considerados conservadores.
En 2002 Lessig obtivo o FSF Award for the Advancement of Free Software da Free Software Foundation (FSF). O 28 de marzo de 2004 foi elixido para integrar a Xunta Directiva da FSF[1].
O concepto de "cultura libre" propúxoo no seu libro en su libro homónimo (Cultura libre). É un activo promotor do software libre e o espectro aberto[2].
Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial de Internet.
Actualmente é profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society. É o actual presidente de Creative Commons (2010), membro do Consello da Electronic Frontier Foundation e membro da Xunta Directiva do Software Freedom Law Center, creado en febreiro de 2005.
No 2015 anuncia a súa candidatura á presidencia dos USA polo Partido Demócrata tendo como obxectivo aprobar unha única lei, a Citizens Equality Act, tras o que dimitiría deixando a presidencia ó Vicepresidente que forme equipo con el.
Obra[3][editar | editar a fonte]
- Code and Other Laws of Cyberspace (2000) ISBN 978-0-465-03913-5
- The Future of Ideas (2001) ISBN 978-0-375-50578-2
- Free Culture (2004) ISBN 978-1-59420-006-9
- Code: Version 2.0 (2006) ISBN 978-0-465-03914-2
- Remix: Making Art and Commerce Thrive in the Hybrid Economy (2008) ISBN 978-1-59420-172-1
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Leadership of FSF (en inglés).
- ↑ "Spectrum Policy: Property or Commons? Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.", artigo de Thomas Hazlett e Lawrence Lessig, 1 de marzo de 2003 (en inglés).
- ↑ Todas as obras da listaxe están baixos licenza CC e poden ser descargas da rede.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista en director co profesor Lawrence Lessig, o 18 de febreiro de 2009 (en inglés).