Lavandeira de Bering
| Lavandeira de Bering | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Motacilla tschutschensis Johann Friedrich Gmelin 1789 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Subdivisións
catro; ver texto | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A lavandeira de Bering[1] (Motacilla tschutschensis) é un pequeno paseriorme da familia Motacillidae. Anteriormente era clasificada normalmente como subespecie da lavandeira amarela, pero foi separada dela en 2003 cando se obtiveron datos xenéticos que mostraban que esta clasificación era parafilética con respecto á lavandeira citrina.[2] Reprodúcese no Paleártico oriental e en Alasca e migra ao sur de Asia e Australia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A lavandeira de Bering foi descrita formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada da obra de Carl Linné Systema Naturae. Situouna no xénero Motacilla e deulle o nome binomial Motacilla tschutschensis.[3][4] O epíteto específico tschutschensis deriva da localidade tipo, a Península de Chukchi no leste de Rusia.[5] Gmelin baseou a súa descrición na "Tchutschi wagtail" (lavandeira tchutschi) que describiran o ornitólogo John Latham en 1783 e Thomas Pennant en 1785.[6][7] A ave descrita por Pennant é case con certeza a capturada en 1778 durante terceira viaxe ao océano Pacífico de James Cook. O naturalista William Wade Ellis, que acompañaba a Cook, realizou un debuxo do espécime e no pé escribiu "capturada a bordo, lat. 66". O debuxo de Ellis está agora na colección do Museo de Historia Natural, Londres.[8][9]
Recoñécense catro subespecies:[10]
- M. t. plexa (Thayer & Bangs, 1914) – norte de Siberia central
- M. t. tschutschensis Gmelin, JF, 1789 – sur de Siberia, norte de Mongolia, leste de Kazakhstán e noroeste da China ata o noroeste de Siberia e noroeste de América do Norte
- M. t. macronyx (Stresemann, 1920) – sur de Siberia central, nordés de Mongolia e nordés da China
- M. t. taivana (Swinhoe, 1863) – sueste de Siberia ata Sakhalin (leste de Russia), e o norte de Hokkaido (norte do Xapón)
No Paleártico existen tres especies de lavandeiras de cor amarela: a lavandeira de Bering, a lavandeira amarela (Motacilla flava) e a lavandeira citrina (Motacilla citreola). A análise filoxenética feita usando secuencias do ADN mitocondrial produce unha topoloxía que entra en conflito coa obtida cando se usan secuencias de ADN nuclear. A topoloxía dos datos nucleares correspóndese máis exactamente coa taxonomía fenotípica tradicional.[11][12] A diverxencia xenética nuclear entre a lavandeira amarela e a lavandeira de Bering é pequena e algúns ornitólogos decidiron non separar as especies, así que para eles as razas do leste serían subespecies de M. flava.[13][14]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un paxaro delgado de 15–16 cm de longo, cunha característica cola longa que está constantemente abaneando típica do seu xénero. O macho adulto reprodutor é basicamente de cor olivácea no dorso e amarela na parte ventral. Noutras plumaxes, especialmente as aves do primeiro inverno pero tamén moitas femias, o amarelo pode estar diluído con branco. A cabeza dos machos reprodutores pode ter diversas cores e debuxos dependendo da subespecie. O bico e patas son negros; a garra posterior é longa e non está moi curvada, o cal a distingue con fiabilidade da lavandeira amarela, que a ten máis curta e máis curvada (aíndqa que isto é difícil de ollar se as aves están sobre a herba).[14]
A chamada é un característico son agudo tipo zrri ou yiit, máis estridente e áspera que a chamada das lavandeiras amarelas.[14][15]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Reprodúcese no Paleártico leste e o seu bastión é Alasca. A maioría migra ao sur de Asia e Australia no inverno. Individuos errantes poden aparecer lonxe dos seus cuarteis de inverno na época da migración. Por exemplo, a Palau en Micronesia chegan habitualmente bandadas migrantes desta especie con moitos machos adultos, e máis ao norte, nas Marianas, só se encontran algúns individuos ocasionais que se desviaron, xeralmente femias e inmaturos.[15][16]
Desde a aparición das probas de ADN doadas de facer de excrementos e a clarificación das características para a súa identificación, demostrouse que é unha ave vagante sorprendentemente frecuente a finais de outono e inverno en Europa occidental; por exemplo, con dez ou máis rexistros nalgúns outonos tanto nas illas Britáicas coma en Suecia, e moitos casos de exemplares que pasan todo o inverno.[14]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Esta ave insectívora habita en campos abertos preto da auga, como en pradeiras húmidas. Nidifica en mats de herba, e pon de 4 a 8 ovos con manchas.
O parasito acantocéfalo Apororhynchus paulonucleatus descubriuse no colon e cloaca desta ave.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Pavlova, Alexandra; Zink, Robert M.; Drovetski, Sergei V.; Red'kin, Yaroslav; Rohwer, Sievert (2003-07-01). "Phylogeographic Patterns in Motacilla Flava and Motacilla Citreola: Species Limits and Population History" (PDF). The Auk 120 (3): 744–758. ISSN 1938-4254. doi:10.1093/auk/120.3.744. Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Gmelin, Johann Friedrich (1789). Systema naturae per regna tria naturae : secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en Latin). 1, Part 2 (13th ed.). Lipsiae [Leipzig]: Georg. Emanuel. Beer. p. 962.
- ↑ Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1960). Check-List of Birds of the World 9. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 134.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 392. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Latham, John (1783). A General Synopsis of Birds. 2, Part 2. Londres: Printed for Leigh and Sotheby. p. 403.
- ↑ Pennant, Thomas (1785). Arctic Zoology 2. Londres: Printed by Henry Hughs. p. 397.
- ↑ Stresemann, Erwin (1949). "Birds collected in the north Pacific area during Capt. James Cook's last voyage (1778 and 1779)". Ibis 91 (2): 244–255 [251]. doi:10.1111/j.1474-919X.1949.tb02264.x.
- ↑ Lysaght, Averil (1959). "Some eighteenth century bird paintings in the library of Sir Joseph Banks (1743-1820)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Historical Series 1 (6): 251–371 [338, No. 91]. doi:10.5962/p.92313.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xullo de 2023). "Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors, pipits". IOC World Bird List Version 13.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 21 de agosto de 2023.
- ↑ Drovetski, S.V.; Reeves, A.B.; Red'kin, Y.A.; Fadeev, I.V.; Koblik, E.A.; Sotnikov, V.N.; Voelker, G. (2018). "Multi-locus reassessment of a striking discord between mtDNA gene trees and taxonomy across two congeneric species complexes". Molecular Phylogenetics and Evolution 120: 43–52. PMID 29224786. doi:10.1016/j.ympev.2017.11.023.
- ↑ Harris, R.B.; Alström, P.; Ödeen, A.; Leaché, A.D. (2018). "Discordance between genomic divergence and phenotypic variation in a rapidly evolving avian genus (Motacilla)". Molecular Phylogenetics and Evolution 120: 183–195. PMID 29246816. arXiv:1707.03864. doi:10.1016/j.ympev.2017.11.020.
- ↑ Hellquist, A.; Friberg, F.; Haldén, P.; Schmidt, P.; Ma, M.; Jun, G.; Olsson, U.; Alström, P. (2021). "Taxonomic status of grey-headed Yellow Wagtails breeding in western China". Avian Research 12 (1): 53. doi:10.1186/s40657-021-00289-y.
- 1 2 3 4 Svensson, Lars; Mullarney, Killian; Zetterstroem, Dan (2023-03-16). Collins Bird Guide. William Collins. p. 435–436. ISBN 978-0-00-854746-2.
- 1 2 Wiles, G.; Worthington, D.; Beck, R.; Pratt, D.; Aguon, C.; Pyle, R. (2000). "Noteworthy bird records for Micronesia, with a summary of raptor sightings in the Mariana Islands, 1988-1999". Micronesica 32: 257–284.
- ↑ Vanderwerf, E.; Wiles, G.; Marshall, A.; Knecht, M. (2006). "Observations of migrants and other birds in Palau, April-May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit". Micronesica 39: 11–29.
- ↑ Khokhlova, I. G.; Cimbaluk, A. K. (1971). "Acanthocephala of the genus Apororhynchus Shipley, 1899 and a description of A. paulonucleatus n.sp.". KOLOS: 426–431.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lavandeira de Bering |
| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fraker, M. A., & Fraker, R. N. (1980). Yellow Wagtail Motacilla-flava East of the Mackenzie Delta Canada. Canadian Field-Naturalist 94 (4): 465–466.
- Hunt, J., & Standring, I. (1995). A yellow wagtail Motacilla flava at Lake Mclarty. Western Australian Naturalist 20 (2): 61–64.
- Johnstone, R. E. (1982). The Yellow Wagtail Motacilla-Flava in Australia. Western Australian Naturalist 15 (3): 61–66.
- Moffatt, J. D. (1981). Yellow Wagtail Motacilla-Flava on Heron Island Queensland Australia with Notes on the Status of Southern Individuals. Emu 81 (1): 47–48.

