Saltar ao contido

Lautaro de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLautaro de León
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Montevideo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Lautaro de León Bouzada Billar, nado en Montevideo o 9 de febreiro de 2001, é un futbolista uruguaio-galego que xoga como dianteiro no Andorra, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Montevideo, con poucos meses trasladouse coa súa familia a Galicia. instalándose en Portonovo. Criouse nesta vila e formouse como futbolista na canteira do Portonovo SD, club no que ingresou con só catro anos. Con 16 anos fichou polas categorías inferiores do Celta de Vigo, entrando inicialmente no xuvenil B.[1]

O 24 de marzo de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B, substituíndo a Víctor Pastrana nunha derrota por 1-3 contra a Cultural Leonesa.[2] Marcou o seu primeiro gol o 18 de setembro nunha vitoria por 4-2 sobre o Melilla.[3]

O 14 de decembro de 2020 disputou o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo do Celta. Foi nun encontro da Primeira División contra o Cádiz en Balaídos, onde entrou como substituto de Nolito.[4] O 9 de febreiro de 2023, renovou o seu contrato até 2027.

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Cartagena, da Segunda División, pero na segunda metade da campaña xogou no Mirandés, tamén a préstamo.[5]

En xullo de 2024 fichou polo Andorra, da Primeira Federación. O 21 de xuño de 2025, marcou o gol decisivo na vitoria por 1-0 ante a Ponferradina na final da promoción de ascenso, dándolle ao seu equipo o ascenso á Segunda División.[6]

  1. "El delantero Lautaro de León refuerza el ataque del Juvenil B" (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  2. "El delantero Lautaro de Léon debutó con el Celta B en Segunda División B" (en castelán). 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  3. "El Celta B suma su primera victoria con una goleada al Melilla" (en castelán). 18 de setembro de 2019. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  4. "Lautaro, el primer debutante con Coudet" (en castelán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  5. "Lautaro de León, nuevo delantero del Club Deportivo Mirandés" (en castelán). 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 27 de decembro de 2025.
  6. "Lautaro de León: "El ascenso es el premio a todo el sufrimiento"" (en castelán). 22 de xuño de 2025. Consultado o 27 de decembro de 2025.