Lol Tolhurst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laurence Tolhurst»)
Lol Tolhurst
Lol Tolhurst.jpg
Lol (á esquerda) cun seareiro.
Nome completoLaurence Andrew Tolhurst
Nacemento3 de febreiro de 1959 (64 anos)
OrixeHorley, Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónbatería, compositor de cancións, trompetista, percusionista, teclista e músico
Instrumento(s)batería, teclado
Relacionado conThe Cure, Presence, Levinhurst, Malice, Easy Cure
Na rede
http://www.levinhurst.com/
IMDB: nm0866129 MySpace: loltolhurst Musicbrainz: d7557f83-02a4-47c4-b48e-ac9d49f9c92c Songkick: 2856546 Discogs: 309134 Allmusic: mn0000117572 Editar o valor em Wikidata

Laurence Andrew Tolhurst (nado o 3 de febreiro de 1959) é un dos membros fundadores e antigo batería e teclista da banda inglesa The Cure. Deixou o grupo en 1989 e traballou posteriormente na banda Presence e no seu actual proxecto Levinhurst, unha contracción dos apelidos de Lol e a súa muller, a vocalista Cindy Levinsons.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tolhurst foi un dos co-fundadores de The Cure, e como o seu batería axudou a compoñer e a gravar os álbums Three Imaginary Boys, Boys Don't Cry, Seventeen Seconds, Faith e Pornography. Despois da xira deste último en 1982 Tolhurst asumiu o traballo de teclista.

Despois da súa saída de The Cure, Tolhurst e Gary Biddles, que traballara anteriormente con Simon Gallup en Fools Dance, formaron a banda de curta vida Presence, que só editou un álbum chamado Inside. Anos máis tarde dixo que o grupo gravara un segundo álbum, pero era moi pouco probable que chegase a ver a luz. En 1994, demandou a Robert Smith e a Fiction Records polos pagos de royalties, e tamén reclamou a propiedade conxunta do nome "The Cure" xunto con Smith. Finalmente perdeu despois dunha longa batalla legal. Tamén traballou como produtoras a producer para o álbum de estrea de And Also the Trees.

A principios dos anos 2000, Tolhurst e a súa segunda muller, Cindy Levinson, formaron unha banda chamada Levinhurst. Poucos meses antes da esdición do seu primeiro álbum, Tolhurst dixo nunha entrevista que se reconciliara con Robert Smith e que eran amigos novamente. Pouco despois, Levinhurst editou o álbum Perfect Life. Dende entón a banda editou un EP chamado The Grey, cunha versión de "All Cats Are Grey" de The Cure e dous temas máis. O seu segundo álbum, House by the Sea, lanzouse en abril do 2007 e o terceiro, Blue Star, que contaba con Michael Dempsey, o baixista orixinal de The Cure, apareceu en xuño do 2009.

Recentemente compuxo música para o documental 9,000 Needles, e actualmente está realizando unha xira mundial con Levinhurst para promocional Blue Star. A segunda parte da xira europea Blue Star Over Europe foi en outubro do 2010 e continuar´coa parte americana na primavera do 2011.