Laura Pérez-Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Pérez-Lago
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica , bioquímica , investigadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Laura Pérez-Lago é o nome científico de Laura Pérez García, nada o 9 de xuño de 1976 na Coruña, científica e investigadora galega, farmacéutica e bioquímica que desenvolve as súas investigacións no campo da Micobacteroloxía, utilizando a bioloxía molecular para estudar diferentes aspectos da infección por Mycobacterum tuberculose.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Académica[editar | editar a fonte]

Laura Pérez García licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e en Bioquímica na Universidade Autónoma de Madrid en 2001.

Realizou a súa tese doutoral cunha bolsa de Formación de Persoal Investigador (FPI) da Comunidade de Madrid, no laboratorio de Margarita Salas do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBMSO-CSIC-UAM). A Tese leuna na Universidade Autónoma de Madrid o 23 de febreiro do 2007 co título (en galego), Especificidade na interacción da proteína p4 co DNA e formación do complexo regulador da transcrición do bacteriófago phi29, dirixida pola doutora Ana Camacho Pedrero.[1]

Investigadora[editar | editar a fonte]

O traballo de investigadora centrouno no estudo das enfermidades infecciosas e levouno a cabo no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa entre os anos 2007 e 2010), realizando investigación básica no estudo de funcións básicas do bacteriólogo phi29.

No ano 2010, cun contrato Juan de la Cierva do Ministerio de Ciencia e Innovación, traballou no Servizo de Microbioloxía do Hospital General Universitario Gregorio Marañón con Darío García de Viedma no grupo de Micobacterioloxía molecular.[2]

Desde o ano 2016 ten contrato Miguel Servet tipo I do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII).[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicou artigos científicos en revistas internacionais:[4]

  • Journal of Clinical Microbiology.[5]
  • CDC. Centers for Diseases Control and Prevention.[6]
  • PubMed.[7]
  • Eurosurveillance.[8]
  • Frontiers in Microbiology.[9]
  • Plos One.[10]
  • Digital.CSIC.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez García, Laura. "Especificidad en la interacción de la proteína p4 con el DNA y formación del complejo regulador de la transcripción del bacteriófago phi29" (en castelán). Consultado o 2019-03-06. 
  2. "Ministerio de Ciencia e Innovación" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02-04-2019. Consultado o 02-04-2019. 
  3. "Ministerio de Ciencia e I. Instituto de Salud Carlos III" (en castelán). 
  4. "Google Academico" (en inglés). 
  5. "Search Results | Journal of Clinical Microbiology" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  6. "Search Results | CDC" (en inglés). 2018-09-24. Consultado o 2019-03-06. 
  7. "Pérez-Lago - PubMed - NCBI" (en inglés). Consultado o 2019-03-06. 
  8. "Eurosurveillance | Search Results" (en inglés). Consultado o 2019-03-06. 
  9. García-de-Viedma, Darío; Pérez-Lago, Laura; Bouza, Emilio; Comas, Iñaki; Cuevas, Óscar; Clotet Romero, Laura; Ruiz Serrano, María Jesús; Gijón, Paloma; Pérez-García, Felipe (19 de xaneiro de 2018). "Mycobacterium tuberculosis Acquires Limited Genetic Diversity in Prolonged Infections, Reactivations and Transmissions Involving Multiple Hosts". Frontiers in Microbiology (en inglés) 8. ISSN 1664-302X. doi:10.3389/fmicb.2017.02661. Consultado o 2019-03-06. 
  10. "PLOS ONE: Search Results" (en inglés). Consultado o 2019-03-06. 
  11. "DIGITAL.CSIC: Buscar" (en inglés). Consultado o 2019-03-06.