Laura Nyro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Nyro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Danbury, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de ovario Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHigh School of Music & Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , letrista , compositora de cancións , músico de jazz , pianista , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e Soul Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVerve Forecast (pt) Traducir
Columbia Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina weblauranyro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0638835 IBDB: 413360
Spotify: 6QDWC6QeGhvCWCv3nUJwoV Musicbrainz: bb0a1e95-9444-4a05-a1bb-22b8d7ed7844 Songkick: 116739 Discogs: 370500 Allmusic: mn0000137474 WikiTree: Nigro-82 Find a Grave: 8846 Deezer: 70744 Genius: Laura-nyro Editar o valor em Wikidata

Laura Nigro, nada no Bronx (Nova York) o 18 de outubro de 1947 e finada en Danbury (Connecticut) o 8 de abril de 1997, foi unha cantautora e pianista estadounidense coñecida como Laura Nyro, de grande importancia e influencia na historia do rock feminino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nyro naceu no Bronx, filla de Louis Nigro, pianista e trompetista de jazz e Gilda (Mirsky) Nigro, contable. Laura tivo un irmán máis novo, Jan Nigro, que chegou a ser un coñecido músico para nenos.[1] De nena, Nyro aprendeu ela soa a tocar o piano, lía poesía e escoitaba os discos da súa nai de Leontyne Price, Nina Simone, Judy Garland, Billie Holiday, e compositores clásicos como Debussy e Ravel. Compuxo as súas primeiras cancións con oito anos. Consideraba que a escola dominical en New York Society for Ethical Culture foi a que proporcionou a base para a súa educación. Tamén asistiu á High School of Music & Art de Manhattan.[2]

Nyro estaba moi achegada á súa tía o ao seu tío, os artistas Theresa Bernstein e William Meyerowitz, que a axudaron na súa educación e no principio da súa carreira.[3][4]

A carreira de Laura Nyro tivo unha primeira fase, que comprende os catro primeiros discos, de grande exposición pública, pois varias das súas cancións se converteron en éxitos interpretados por outros, como Barbra Streisand, e os grupos Fifth Dimension, Three Dog Night, Peter, Paul & Mary e Blood, Sweat & Tears.

A finais de 1971, Nyro estaba casada co carpinteiro David Bianchini. Sentíase incómoda cos intentos de convertela nunha celebridade e anunciou a súa retirada do mundo da música aos vinte e catro anos. Contra 1976, o seu matrimonio acabara e estreou un álbum con material novo, Smile. Embarcouse entón nunha xira de catro meses cunha banda, que se gravou no álbum Season of Lights (1977).

No entanto, o seu camiño artístico pasou de longo do gran público, coa recusa de Nyro de escribir música comercial ("a vida real está alén dun pensamento do tipo 4/4")[5] e de aparecer na televisión, ben como co seu compromiso en causas como o feminismo, o pacifismo, os dereitos dos pobos indíxenas e dos animais, o que afastou a crítica e o público que desexaban un entretemento sinxelo.[6]

Entre os puntos altos da fase tardía da súa carreira, está a canción "Broken Rainbow", que escribiu para o filme homónimo, sobre o masacre dos navajo polo goberno dos Estados Unidos. O filme de 1985, produzcdo por Maria Florio e Victoria Mudd, gañou o Óscar ao mellor documental.

A finais de 1996, Nyro, igual que a súa nai, foi diagnosticada con cancro de ovario. Faleceu por esa doenza o 8 de abril de 1997, con 49 anos,[7] a mesma idade á que morreu a súa nai. As súas cinzas foron esparexidas baixo un arce da súa casa de Danbury.[8]

O 14 de abril de 2012, Laura Nyro foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame, onde foi presentada por Bette Midler. O seu fillo, Gil Bianchini, recibiu o nomeamento.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Nyro era bisexual, aínda que só o sabían os seus amigos máis íntimos.[9] Tivo unha relación co cantante Jackson Browne entre 1970 e 1971[10] e casou co veterano de Vietnam David Bianchini en outubro de 1971.[11]

En 1978 tivo un fillo, Gil Bianchini (músico tamén coñecido como Gil-T), dunha breve relación con Harindra Singh, e deulle o apelido do seu ex-marido. A principios de 1980, Nyro comezou a vivir coa pintora Maria Desiderio (1954–1999),[12] relación que durou dezasete anos, o resto da súa vida.

Estilo[editar | editar a fonte]

Nyro é unha das representantes do estilo denominado Brill Building, un edificio de Nova York onde estaban as oficinas de representación dun gran número de compositores de éxitos discográficos, caracterizados por unha fusión do pop co jazz, o gospel e o rhythm and blues.[2]

Entre os músicos que influenciou están Joni Mitchell,[13] Tori Amos,[14] Suzanne Vega, Elvis Costello[15] e Elton John.[14][16] As súas músicas da fase máis tardía foron recuperadas por artistas como Judy Kuhn e Audra McDonald.

Discografía[editar | editar a fonte]

Discos de estudio[editar | editar a fonte]

  • More than a new discovery (1966), relanzado como The first songs (1973)
  • Eli and the 13th confession (1968)
  • New York Tendaberry (1969)
  • Christmas and the beads of sweat (1970)
  • Gonna take a miracle, con Labelle (1971)
  • Smile (1976)
  • Nested (1978)
  • Mother's spiritual (1984)
  • Walk the dog & light the light (1993)
  • Angel in the Dark (publicado postumamente en 2001, gravado en 1994–1995)

Discos en vivo[editar | editar a fonte]

  • 1977 – Season of Lights (remasterizado en 2008)
  • 1989 – Laura: Live at the Bottom Line (gravado en Nova York o verán de 1988)
  • 2000 – Live from Mountain Stage (gravado para un programa de radio o 11 de novembro de 1990)
  • 2002 – Live: The Loom's Desire (gravacións dos especiais de noiteboa de 1993 e 1994 no Bottom Line de Nova York)
  • 2003 – Live in Japan (gravado no Kintetsu Hall de Osaka o 22 de febreiro de 1994)
  • 2004 – Spread Your Wings and Fly: Live at the Fillmore East (30 de maio de 1971)
  • 2013 – Live at Carnegie Hall: The Classic 1976 Radio Broadcast

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About Jan Nigro — Singing Telegram Gifts". Singingtelegramgifts.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Lawson, Dawn (xuño de 2000). Nyro, Laura. American National Biography Online. Consultado o 7 de decembro de 2008. 
  3. Kort, Michele. Soul Picnic: The Music and Passion of Laura Nyro. New York: St. Martin's Press, Kindle Version, 157/5869
  4. Kort, Michele. Soul Picnic: The Music and Passion of Laura Nyro. Nova York: St. Martin's Press, Kindle Version, 4790/5869
  5. Time and Love: The art and soul of Laura Nyro, Milwaukee: Cherry Lane Music Company, 2002, p. 7.
  6. Michele Kort, Soul picnic: The music and passion of Laura Nyro. St. Martin's Press, 2003.
  7. Holden, Stephen (10 de abril de 1997). "Laura Nyro, Intense Balladeer Of 60's and 70's, Dies at 49". The New York Times. Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  8. Kort, Michelle. Soul Picnic: The Music and Passion of Laura Nyro. Nova York: St. Martin's Press, p. 262.
  9. Laura Nyro's Legacy
  10. Kort, Michele. Soul Picnic: The Music and Passion of Laura Nyro. New York: St. Martin's Press, p. 122-123.
  11. Lawson, Dawn. "Nyro, Laura", American National Biography Online xuño de 2000 Update. Cosultado o 31 de xullo de 2014.
  12. Connecticut Department of Health. Connecticut Death Index, 1949–2001 [database on-line]. Provo, UT, USA: The Generations Network, Inc., 2003.
  13. Bego, Mark (2005-05-26). Joni Mitchell (en inglés). Taylor Trade Publications. pp. 318. ISBN 9781589792210. 
  14. 14,0 14,1 Barton, Laura (2017-04-19). "The passion and soul of Laura Nyro". the Guardian (en inglés). Consultado o 2018-10-07. 
  15. Spotlight Central (2018-07-27). ""I Thought I Was Listening to Laura Nyro!" Christine Spero Performs "Spero Plays Nyro" LIVE! at McLoone's, Asbury Park". Medium. Consultado o 2018-10-07. 
  16. "Series – Sundance Channel". Sundancechannel.com. 13 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]