Latino Salgueiro Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLatino Salgueiro Pereira
Biografía
Nacementoc. 1878 Editar o valor em Wikidata
Vilaza, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Latino Salgueiro Pereira, nado en Vilaza (Gondomar) cara a 1878 e finado no mesmo concello o 21 de outubro de 1961, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1905.[1] Instalado en Gondomar ao ano seguinte, foi despois médico municipal do concello. Foi xuíz municipal de Gondomar en 1910, renunciando ao cargo en 1913.[2] Foi nomeado alcalde de Gondomar en marzo de 1938.[3] Finou en Gondomar con 83 anos.[4]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Gondomar
 
1938 - ?
Sucesor:
?

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha praza de Gondomar leva o seu nome dende 1962.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1906 con Dolores Espinosa Rodríguez,[6] que finou en 1923.[7] Casou en segundas nupcias con María Magdalena Espinosa Rodríguez. Foi pai de Ramón (médico), Dolores (Relixiosa), José Antonio (farmacéutico), Alfonso (empresario), Sergio (practicante e mestre), Teresa , Emilio (médico) do primeiro matrimonio, e de Aureliana (farmacéutica) e Latino Salgueiro Espinosa (fundador do Cine Imperial da Ramallosa) do segundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 7-10-1905, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 11-2-1913, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 22-3-1938, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 22-10-1961, p. 10, 13.
  5. El Pueblo Gallego, 29-4-1962, p. 14.
  6. El Eco de Galicia, 30-5-1906, p. 8.
  7. Vida Gallega, 25-8-1923, p. 35.