Saltar ao contido

Lasiorhinus latifrons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lasiorhinus latifrons
Uombat de fociño peludo do sur

Rango fósil: mioceno - actualidade
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Superorde: Australidelphia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Vombatiformes
Familia: Vombatidae
Xénero: Lasiorhinus
Especie: L. latifrons
Nome binomial
Lasiorhinus latifrons
(Owen, 1845)
Área de dispersión de Lasiorhinus latifrons
Área de dispersión de Lasiorhinus latifrons

Área de dispersión de Lasiorhinus latifrons

Lasiorhinus latifrons é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,[1] unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus],[2] coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do sur.

Ao contrario que o seu conxénere, Lasiorhinus krefftii, que está ao bordo da extinción, o seu status actual é pouco preocupante.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1845 polo biólogo inglés Richard Owen en Proc. Zool. Soc. Lond., 1845: 82.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.[3]

En canto ao nome específico, latifrons, está formado polos elementos do latín científico lati-, raíz do adxectivo latino lātus, -a, -um, 'ancho', e o termo latino frons, frontis, 'a fronte'. Literalmente: 'o de fronte ancha'.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Segundo o Mammal Species of the World, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Lasiorhinus lasiorhinus (Gould, 1863)
  • Lasiorhinus mcoyi Gray, 1863

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

O status do uombat de fociño peludo do sur, que está amplamente distribuído no sur de Australia do Sur, ao oeste do río Murray, e parcialmente distribuído nas penínsulas de Cabo York e de Eyre, e que tamén está presente na chaira de Nullarbor en Australia Occidental, e que ten dúas pequenas colonias en Nova Gales do Sur é cualificado pola UICN como LC (pouco preocupante), debido a que a súa área de dispersión expandiuse nos últimos 45 anos, e aínda que hai gromos esporádicos de sarna sarcóptica, que sofre a competencia dos herbívoros introducidos, é susceptíbel á seca, e a súa poboación está moi fragmentada en partes da súa área de dispersión, a especie ten unha distribución ampla, a súa poboación é grande, encóntrase nun bo número de áreas protexidas, polo que non é probábel que a diminución dos seus efectivos alcance a velocidade necesaria como para cualificala nunha categoría ameazada.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lasiorhinus latifrons no MSW.
  2. Lasiorhinus no MSW.
  3. Lasiorhinus no Webster's Third New International Dictionary of the English Language. ISBN 978-0-8777-9201-7.
  4. Taggart, D. & Robinson, T. (2008): Lasiorhinus latifrons na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]