Gaivota pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Larus minutus")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaivota pequena
Čajka malá (Larus minutus) a (4834254958).jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Hydrocoloeus
Kaup, 1829
Especie: H. minutus
Nome binomial
Hydrocoloeus minutus
(Pallas, 1776, ríos de Siberia)
Distribución da H. minutus

Distribución da H. minutus
Sinonimia

Larus minutus Pallas, 1776

A gaivota pequena[2][3] (Hydrocoloeus minutus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características[editar | editar a fonte]

Cría en colonias pequenas próximas a cursos de auga doce[4]. Aliméntase na superficie da auga ou caza pequenos insectos voando. O niño soe localizarse entre a vexetación[4]. É unha gaivota moi pequena, que se move con movementos rápidos.[4] En voo pódese chegar a confundir cun carrán. Os individuos tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Esta plumaxe caracterízase sobre todo pola cabeza, peteiro e ollo completamente negros[4].

Distribución e migracións[editar | editar a fonte]

Cría no norte de Rusia, na Siberia Occidental, Finlandia e puntos illados de Escandinavia e dos países do Báltico[4]. Tamén cría en puntos illados do mar Negro e do mar de Azov. Recentemente tense documentado a cría na provincia canadense de Ontario. Os individuos do Báltico soen migrar en xullo, desprazándose por todo o mar do Norte e a canle da Mancha. Estas aves invernan por toda a costa atlántica de Europa Occidental e chegan ata o golfo da Guinea[5]. As aves do leste de Europa e Rusia migran cara ó sur e invernan en Africa[5]. Existe unha terceira tendencia migratoria, de menor importancia, de aves que se desprazan polos ríos da Europa Central, invernando nas costas do Mediterráneo Occidental e Central, tanto nas ribeiras europeas coma nas africanas. Na primavera prodúcese a migración contraria que soe ocorrer entre os meses de marzo e maio[5].

En Galicia[editar | editar a fonte]

É unha ave escasa e de distribución irregular[5]. Máis frecuente na migración invernal, con citas entre os meses de novembro e xaneiro[5]. A migración primaveral é aínda máis escasa, con citas históricas entre os meses de marzo e maio[5]. As citas limítanse ás provincias de Coruña e Pontevedra, téndose localizado en portos pesqueiros e lagoas costeiras[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Hydrocoloeus minutus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694469A38866773. Consultado o 30 April 2016. 
  2. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 240. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Svensson, Lars (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Paterson, Andrew M. (1997). Las aves marinas de España y Portugal. Lynx Edicions. ISBN 84-87334-21-0.