Larpeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larpeira.

A larpeira é unha sobremesa da cociña galega que consiste nunha especie de bola doce con almibre e adornada con crema pasteleira. Os ingredientes principais desta torta son a fariña, o leite e os ovos. É típica das festas de san Xoán.[1]

Esta sobremesa é típica da zona de Ferrolterra, da Coruña e tamén de Monforte de Lemos.[2]

A larpeira ten moitas semellanzas coa coca de Sant Joan que se fai en Cataluña.[3]

Características[editar | editar a fonte]

A base desta torta é unha bola doce adornada con crema pasteleira e emborrachada con almibre.[1] Os ingredientes da bola son: azucre, leite, ovos, manteiga, fariña e crema pasteleira.

A larpeira ten máis traballo que outras sobremesas porque hai que preparar un prefermento, traballar con coidado a masa e despois hai que deixar que medre unhas catro horas máis. Mentres se espera a que a masa fermente, o habitual é preparar a crema pasteleira e o almibre para ir adiantando tempo.[1][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]