Lapiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lapiás con formas agudas e arestas afiadas (Tsingy de Bemaraha, Madagascar).

Un lapiás é un buraco de dimensións pequenas ou medianas, separado por tabiques ou paredes de rocha nalgúns casos agudos. As súas dimensións son decimétricas, inda que en profundidade poden superar a decena de metros. En realidade o lapiás varía entre uns poucos milímetros, microlapiás, a varios metros. Os lapiás aparecen en afloramentos de calcarias e xesos afectados por procesos cársticos e son, polo tanto, formas cársticas elementais.