Lamprotornis superbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lamprotornis superbus

Exemplar no lago Naivasha, Kenya.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sturnidae
Xénero: 'Lamprotornis'
Especie: ''L. superbus''
Nome binomial
'Lamprotornis superbus'
(Rüppell, 1845)

Lamprotornis superbus é unha especie de estorniño. Atópase tanto na sabana como nas rexións máis verdes de África oriental. Tamén é común nas rexións suburbanas e urbanas de moitas cidades en Etiopía, Somalia, Uganda, Kenya e Tanzania.

Exemplar en voo. Taita-Hills, Kenya.

A plumaxe é de cinco cores: negra, azul verdosa, azul metálica, branca e vermella. Un exemplar adulto mide arredor de 18 centímetros. Aliméntase de insectos, miñocas, grans e froitas que busca no chan, pero nos ambientes urbanos adoita achegarse ós seres humanos para obter alimentos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]