Lamberto I de Nantes
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 796 Nantes |
| Morte | 30 de decembro de 836 Tesino |
| Prefect of the Breton March (en) | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Spoleto (834–836) Count of Nantes (en) |
| Familia | Dinastía Guidoni |
| Cónxuxe | Adelaide |
| Fillos | Lambert II of Nantes, Itta, Guido I de Spoleto |
| Pai | Guy of Nantes |
| Irmáns | Guiu II de Vannes |
Lamberto I foi conde de Nantes e prefecto da Marca de Bretaña entre o 818 ata o 831 e duque de Spoleto entre o 834 e o 836. Lamberto sucedeu ao seu pai Guido de Nantes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lamberto participou nunha expedición comezada por Lois o Piadoso en 818 contra os bretóns, quen proclamaran rei a Morvan Lez-Breizh. No 822, un novo xefe bretón Wiomarc'h rebelouse, pero someteuse en maio de 825 en Aachen. Á súa volta a Bretaña, Lamberto asasinouno.
En 831, Lamberto uniuse á rebelión de Lotario I contra Luís e mandárono ao exilio alén dos Alpes, onde lle deron o ducado de Spoleto en 834. foi un dos moitos compañeiros de Lotario que morreron nunha epidemia en 836.
A Lamberto sucedeuno o seu segundo fillo Lamberto en Nantes e o seu fillo máis vello Guido en Spoleto. Tiña un fillo máis novo chamado Warnar (morreu en 852) e unha filla chamada Dove que foi abadesa de Craon.