Laia Martínez i López
Laia Martínez en 2016 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Laia Martínez López 1982 Berga, Cataluña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | Escritora, músico, tradutor |
Período de actividade | 2007 - |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Laia Malo |
Lingua | Lingua catalá |
Páxina web | laiamalo.com |
Laia Martínez i López, tamén coñecida como Laia Malo, nada en Berga en 1984, é unha escritora, tradutora e música catalá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en 2007 en Tradución e Interpretación de inglés e ruso pola Universidade Autónoma de Barcelona. Desde 2011 forma parte do dúo electrónico en verso Jansky, cos que publicou, coa discográfica Primeros pasitos, os discos Un big bang a la gibrella e ÈÉ en 2013 e 2015, respectivamente.[2] Desde 2014 é vogal por Mallorca da Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC).[3]
Publicou L’estiu del tonight tonight en 2011, libro co que gañou o premio de poesía Art Jove de 2010 e que foi traducido ao castelán.[4] En 2015 acabou de escribir a súa terceira obra Cançó amb esgarrip i dos poemes.[5] O seu último poemario Afollada, publicado en 2016, aborda o tema da maternidade e preséntase como un canto á liberdade.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Laia Martínez: “Els poetes no vivim al marge de la societat, però li oferim una mirada diferent”".
- ↑ "Janksy". Primeros pasitos.
- ↑ "Renovació de la Junta directiva de l'AELC". AELC.
- ↑ "Laia Martínez i López gana el Art Jove con un poemario sobre «el amor y el paisaje»".
- ↑ "Laia Martínez i López, “Cançó amb esgarrip i dos poemes” (Lleonard Muntaner, 2015)". 40putes.
- ↑ "Laia Martinez i Lopez publica 'Afollada', "un canto a la libertad"".