Saltar ao contido

Lagoa de Fomiñá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLagoa de Fomiñá
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFomiñá, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°13′30″N 7°19′13″O / 43.2250776, -7.32014663
Afluentes
Características
Altitude460 m Editar o valor en Wikidata

A lagoa de Fomiñá é un corpo de auga situado na parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza. Está situada a 460 msnm e ten unha superficie de 350 m². É unha lagoa de orixe kárstico[1]. O terreo é calcario e as augas subterráneas foron minando a pedra ata que a superficie afundiu, creando a lagoa.

O río Miño

[editar | editar a fonte]
O río Miño en Fomiñá.

Tradicionalmente considerouse a lagoa como a fonte do río Miño, ata que se determinou que a fonte orixinal era o Pedregal de Irimia. Con todo, en Fomiñá o Miño aumenta moito o seu caudal.

A lago ten un contorno fortemente humanizado, cunha estrada moi próxima e unha zona de lecer que a arrodea con camiños, zonas de descanso, esculturas etc.[2] É punto de saída da ruta PR-G 153 Aguas de Fonmiñá.[3]

  1. "Lagoa de Fonmiñá". Confederación Hidrográfica Miño-Sil. 
  2. "Lagoa de Fomiñá". Galicia Máxica. 
  3. [Ligazón morta 153 Aguas de Fonmiñá|páxina-web=Páxinas Galegas}}