Saltar ao contido

Lago Siljan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Siljan
Imaxe
Tipolago
cratera (pt) Traducir
lake water body (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deBothnian Sea Water District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaSuecia Editar o valor en Wikidata
División administrativaConcello de Leksand, Suecia, Concello de Mora, Suecia, Rättvik, Suecia (pt) Traducir e Concello de Orsa, Suecia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 60°51′N 14°48′L / 60.85, 14.8
Afluentes
Efluente do lagoÖsterdal River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude161 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade120 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións52 (lonxitude) km
Perímetro244 km Editar o valor en Wikidata
Superficie292 km²
292,436877401 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica12.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico8.089.000.000 m³ Editar o valor en Wikidata

O Siljan en Dalarna é o sétimo lago máis grande de Suecia en tamaño. O lago atópase a 161 metros sobre o nivel do mar e ten unha superficie de 293 km². Xunto cos veciños Orsasjön e Insjön a súa área é de 354 km². A súa maior profundidade son 134 metros.[1] O lago desagüa a través do río Östendal cara ao río Dal.

Hai uns 365 millóns de anos un meteorito impactou a zona que hoxe é coñecida como Siljansringen (o anel de Siljan). O Siljan, Orsasjön, Skattungen, Oresjön e os pequenos lagos en Bodadalen son o anel exterior do cráter do meteorito. O cráter mide uns 50 km de diámetro e ten unha profundidade máxima de 160 metros, sendo o sitio de impacto máis grande coñecido en Europa.

O nome Siljan aparece por vez primeira no ano 1442 na frase nordhan Silghis sio (ao norte do lago Siljan), e provén da forma do sueco antigo Sylghir. O nome está relacionado coa palabra dialectal gotlandesa sylgå (fluír no fondo) e o verbo sueco svälja (tragar). Ao longo do leito mariño do Siljan hai unha profunda canle dende o sur de Mora ata o Österviken en Leksand, que nalgúns lugares ten máis de 100 metros de profundidade.[2]

Segundo o lingüista Johan Ernst Rietz o nome podería estar realacionado coa palabra sel (augas tranquilas),[3] pero segundo o tamén lingüista Elof Hellquist esa interpretación é imposible debido á forma máis antiga Silghis sio.[4]

  1. "Siljan - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-09. 
  2. Svenskt ortnamnslexikon : utarbetat inom Språk- och folkminnesinstitutet och Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet. 2003. ISBN 978-91-7229-020-4. OCLC 56599861. 
  3. Sil i Johan Ernst Rietz, Svenskt dialektlexikon (1862-1867)
  4. Sillen i Elof Hellquist (1906), ”Studier öfver de svenska sjönamnen deras härledning ock historia”, Svenska landsmål ock svenskt folklif 20: 611-812