Lago Ness
| Tipo | lago | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Canal Caledoniano (pt) | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Escocia | |||
| División administrativa | Highland, Reino Unido e Boleskine and Abertarff, Reino Unido (en) | |||
| ||||
| Cordilleira | Highlands | |||
| Afluentes | Abhainn Obhaich ,River Tarff (en) | |||
| Efluente do lago | Bona Narrows (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 16 m | |||
| Profundidade | 272 m | |||
| Dimensións | 1,5 ( | |||
| Superficie | 56,4 km² | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.775 km² | |||
| Medicións | ||||
| Volume físico | 7.450 hm³ | |||

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O lago Ness (Loch Ness) é un loch (lago) de auga doce localizado nas Highlands de Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de lonxitude. O lago ocupa unha área de preto de 56,4 km² e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido á turba dos solos circundantes, que levan cara ao lago as redes de drenaxe. Crese que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial.
O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do Monstro do lago Ness, que os habitantes locais chaman Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.
O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeolóxicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sueste. Este tipo de lago, coñecido como loch, caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.
As augas do Lago Ness son bastante frías, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lago Ness |
