Saltar ao contido

Lago Inle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Inle
Imaxe
Tipopolymictic lake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaMyanmar Editar o valor en Wikidata
División administrativaNyaungshwe (município), Myanmar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 20°33′N 96°55′L / 20.55, 96.92
Características
Altitude884 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade3,6 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño10 (ancho) × 22 (lonxitude) km
Superficie120 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Data10 de agosto de 2018
Identificador2356
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data4 de outubro de 1996
Identificador825
Aldea de Yawnghwe.

O Inle (en birmano: အင်းလေးကန်) é un lago de auga doce situado nas montañas do Estado Shan, no leste de Myanmar.

Cunha superficie estimada de 116 km² (100 km de longo por tan só 5 km de ancho), é o segundo lago en extensión e un dos máis altos (está situado a 884 m sobre o nivel do mar) do país, constituíndo ademais un dos seus principais destinos turísticos . A súa profundidade media varía entre os 2,10 m na estación seca (3,60 m máximo) e os máis de 4 metros na estación de choivas. O ecosistema do lago contén numerosas especies propias, entre elas máis de 20 especies de gasterópodos e 9 tipos de peixes. Algunhas delas, como a Sawbwa resplendens, a Microrasbora erythromicron e a Inlecypris auropurpurea, atópanse en ocasións en acuariofilia.

Nas súas beiras atópanse 200 cidades e aldeas, maioritariamente poboadas polos intha (fillos do Lago). A cidade máis poboada da contorna é Nyaung Swe (Yawnghwe), que ten unha canle de 4 m de profundidade até o lago (Canle de Nankand).

O lago é aproveitado e cultivado e as súas augas forman canles entre as zonas de cultivo. Son famosos os xardíns do lago e as casas flotantes. Hai mesmo un mercado flotante.

Nunha das beiras do lago atópase o pagode de Phaung Daw U, un dos tres principais de Birmania, construído no século XVIII e que contén imaxes de Buda do século XII.

Cerca do lago Inle atópase a aldea de Indein onde se alza un conxunto de pagodes chamado Shwe Inn Thein Paya, que conta con máis de 1.000 estupas e data do século XVII.

O lago converteuse nun dos principais destinos turísticos de Myanmar, pechando un circuíto composto polas cidades de Rangún, Bagan e Mandalay.