O lago Enol está a 1.134 metros de altitude e a súa profundidade máxima é de 25 metros, cunha lonxitude máxima de 750 metros e unha anchura de 400 metros. As características de similitude co lago Ercina están ligadas á súa orixe (ambos os dous teñen unha orixe glaciar) e por suposto, a súa situación xeográfica, xa que se encontran separados pola picota de Enol mediando entre eles unha distancia inferior a seiscentos metros.