Lagenorhynchus australis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagenorhynchus australis
Lagenorhynchus australis.jpg

Comparación do tamaño cun humano
Comparación do tamaño cun humano

Estado de conservación
DD (datos insuficientes)[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Delphinidae
Xénero: Lagenorhynchus
Especie: L. australis
Nome binomial
Lagenorhynchus australis
(Peale, 1848)
Distribución de Lagenorhynchus australis

Distribución de Lagenorhynchus australis
Sinonimia
Véxase o texto

Lagenorhynchus australis é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.

É un pequeno golfiño que habita as augas que rodean o cono sur suramericano.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita orixinariamente en 1848 polo naturalista estadounidense Titian Ramsay Peale, na súa obra United States Exploring Expedition during the years 1838, 1839, 1840, 1841, 1842. VIII. Mammalia and ornithology. (Cetacea: 32-36), que a denominou como Phocaena australis , que son os basónimos da especie.[2]

Posteriormente foi coñecido por outros sinónimos:[2]

  • Delphinus chilensis Philippi, 1896
  • Phocoena australis Peale, 1848
  • Sagmatias amblodon Cope, 1866
  • Tursio chiloensis Philippi, 1900

Taxonomía discutida[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Lagenorhynchus.

A pesar de que tradicionalmente a especie se coloca no xénero Lagenorhynchus, as últimas análises de ADN indican que está bastante relacionado coas especies do xénero Cephalorhynchus.

En efecto, aínda que antigamente o xénero estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchus non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.

May-Collado e Agnarsson (2006) consideran a Lagenorhynchus cruciger e L. australis como situados filoxeneticamente entre as especies de Cephalorhynchus e suxiren que estas dúas especies deben transferirse a dito xénero. Algúns datos morfolóxicos e acústicos apoian este arranxo. Ambas as especies comparten coas de Cephalorhynchus un tipo distinto de sinal de ecolocalización coñecido como sinal de banda estreita, de alta frecuencia.[3][4]

Presumibelmente isto é tamén o caso de L. cruciger. Por outra parte, L. australis tamén comparte con outras varias especies de Cephalorhynchus o ter dunha cor branca distinto a "axila" marcada detrás da aleta pectoral.

Pero, aínda que iso sexa certo, non significaría que L. australis debería transferirse a Cephalorhynchus, senón integrala nun novo xénero propio.

Un xénero alternativo foi proposto por LeDouc (así como para Lagenorhynchus obliquidens e L. obscurus): Sagmatias.[5][6]

Descrición[editar | editar a fonte]

De lonxitude próxima aos 2,1 m e cun peso cando adulto de aproximadamente 115 kg, ten o tamaño típico do seu xénero (Lagenorhynchus).

A cara é de cor gris escura, a parte caudal é en gran parte negra cunha franxa branca.

A especie é moi similar a Lagenorhynchus obscurus cando se ven a distancia, e poden ser confundidas.

Poboación e distribución[editar | editar a fonte]

Lagenorhynchus australis saltando.

Golfiño endémico das augas costeiras de todo o sur de América.

No lado do océano Pacífico avistáronse tan ao norte como á altura de Valdivia, Chile, aos 38° S.

Polo lado do Atlántico adoitan chegar ao redor dos 44° S, cerca do golfo San Jorge, Arxentina.

Adoito encóntranse en zonas de rápido movemento das augas, tales como entradas aos canais e estreitos, así como cerca da costa en zonas seguras, tales como baías e estuarios amplos.

A poboación total é descoñecida, pero pénsase que é común a nivel local.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. (2008): Lagenorhynchus australis. En: Lista Vermella de especieas ameazadas da IUCN. Consultada o 16 de agosto de 2014.
  2. 2,0 2,1 Lagenorhynchus australis (Peale, 1848) no WoRMS.
  3. May-Collado, Laura & Agnarsson, Ingi (2006): "Cytochrome b and Bayesian inference of whale phylogeny". Molecular Phylogenetics and Evolution, 38: 344–354. Ler en PDF.
  4. Kyhn, L. A.; Jensen, F. H.; Beedholm, F. H.; Tougaard, J.; Hansen, M. & Madsen, P. T. (2010): "Echolocation in sympatric Peale's dolphins (Lagenorhynchus australis) and Commerson's dolphins (Cephalorhynchus commersonii) producing narrow-band high-frequency clicks". Journal of Experimental Biology, 213 (11). Resumo.
  5. Shirihai, H. & Jarrett, B. (2006). Whales, Dolphins and Other Marine Mammals of the World. Princeton Field Guides. pp. 205–207. ISBN 9780691127569. .
  6. LeDuc, R. G.; Perrin, W. F. e Dizon, A. E. (1999): "Phylogenetic relationships among the delphinid cetaceans based on full cytochrome b sequences", en Marine Mammal Science 15: 619–648. Resumo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]