Lagarto verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lacerta bilineata
Maggia lacerta viridis viridis fg05.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Familia: Lacertidae
Xénero: 'Lacerta'
Especie: L. bilineata
Nome binomial
'Lacerta bilineata'
Daudin, 1802
O lagarto verde occidental (Lacerta bilineata) en verde O lagarto verde oriental (Lacerta viridis) en azul.

O lagarto verde occidental (Lacerta bilineata)
en verde
O lagarto verde oriental (Lacerta viridis)
en azul.
Sinonimia
  • Lacerta viridis bilineata Engelmann et al., 1993[1]

O lagarto verde (Lacerta bilineata) é unha especie de lagarto da familia Lacertidae, que vive en gran parte de Europa occidental, incluídos algúns puntos nos límites de Galicia. Ata hai pouco era considerada unha subespecie de Lacerta viridis, co nome de Lacerta viridis bilineata, pero as diferenzas xenéticas atopadas que fan que os híbridos sexan menos fértiles levaron a consideralas especies separadas,[2] aínda que o seu status foi moi discutido.[3]

Subspecies[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase en Andorra, Croacia, Francia, Alemaña, Italia, Mónaco, Serbia, Eslovenia, España, Suíza, e na illa de Jersey, e foi introducida en EUA.

Descrición[editar | editar a fonte]

Lacerta bilineata alcanza unha lonxitude media (sen contar o rabo) duns 13 cm, e un máximo de 40 cm, incluíndo o rabo. O seu rabo é longo e pode ter unha lonxitude dobre que a do corpo. O seu peso medio é de 35 g. O corpo é verde brillante. A cabeza é de maior tamaño nos machos que nas femias e os machos teñen a miúdo unha gorxa azul. Os inmaduros son case marróns, cun ventre amarelado e de 2 a 4 liñas lonxitudinais claras ao longo dos flancos. Ademais, os subadultos teñen as mencionada liñas acompañadas de varias pequenas manchas marróns no seu dorso.[4]

Estes lagartos son animais territoriais. Aliméntanse de artrópodos, principalmente de insectos grandes. Chegan á madurez sexual aos dous anos, cando miden uns 8 cm (excluíndo o rabo). Os machos loitan entre eles, especialmente no período de apareamento, cando son moi agresivos cos seus rivais. O ritual de apareamento é moi preciso, e empeza cunha trabada na base do rabo da femia. As femias poñen de 6 a 25 ovos nun sitio húmido e quente, como poden ser troncos podres. A duranción media da súa vida é duns 15 anos.[4]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os seus hábitats naturais son áreas verdes húmidas, bosques temperados, límites dos bosques, terreos de mato e arbustos, praderías abertas, terras de cultivo e de pasto. Está ameazada pola perda do seu hábitat nalgunhas zonas. A IUCN considera que o status da especie é "pouco preocupante".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Biolib
  2. Lacerta bilineata Daudin, (1802) Lagarto verde[Ligazón morta] Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España.
  3. 3,0 3,1 Pérez-Mellado, V., Cheylan, M., Geniez, P., Nettmann, H.K. & Schmidt, B. 2005. Lacerta bilineata. 2006 Lista de especies ameazadas da IUCN.
  4. 4,0 4,1 Reptiles & Amphibiens de France

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]