Saltar ao contido

Lady Macbeth do distrito de Mtsensk (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lady Macbeth do distrito de Mtsensk
 Título
Леди Макбет Мценского уезда (ru)
Катерина Измайлова (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Baseado en
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
 Opus
29 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1932 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1934 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
22 de xaneiro de 1934 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   2,5 h Editar o valor en Wikidata
 Número de partes
4
7 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
Fontes e ligazóns
VIAF177859311 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02zrh_ Editar o valor en Wikidata
IMSLP: Katerina_Izmaylova,_Op.114_(Shostakovich,_Dmitry) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lady Macbeth do distrito de Mtsensk, en ruso: Леди Макбет Мценского уезда, trans. Ledi Makbet Mtsenskogo Uyezda) é unha ópera en catro actos do compositor ruso Dmitri Shostakovitch, estreada en 1934.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O libreto de Alexandre Preis está inspirado na novela curta do mesmo nome publicada en 1865 por Nikolai Leskov.[2] Ambientada na Rusia do século XIX, conta a historia dunha muller casada e presionada polo seu sogro por non ter fillos, Katerina Lvovna Izmaylova, que se namora doutro home e acaba cometendo asasinatos. O guión é escuro, con moita violencia e sexo; o New York Sun cualificouna de "pornofonía".[3]

O título fai referencia a Lady Macbeth, a antiheroína da traxedia shakespeariana Macbeth (1606); porén, intepretacións posteriores buscaron empatizar, a pesar dos seus crimes, cunha Katerina "vítima do patriarcado".[4][5]

Artigo do Pravda "СУМБУР ВМЕСТО МУЗЫКИ" ("CAOS" ou "RUÍDO EN LUGAR DE MÚSICA").

Estreouse en 1934 no Teatro Mikhaylovsky de San Petersburgo (daquela Leningrado), con enorme éxito de público e crítica. Nos anos seguintes representouse en escenarios de todo o mundo. A ópera, con todo, fíxose aínda máis famosa debido á intervención das autoridades soviéticas: en 1936, funcionarios do goberno comunista, incluído Josef Stalin, asistiron a unha representación no Teatro Bolshoi. Na edición do 28 de xaneiro do xornal Pravda, publicouse unha crítica severa que cualificaba a ópera de cacofonía e "ruído en lugar de música", e que entre outras cousas o autor carecía de conciencia de clase, "ignoraba as exixencias da cultura soviética" e preocupábase pouco polo seu público.

Ante esta acusación, Shostakóvitch comezou a temer pola súa liberdade artística e en 1937 escribiu a súa Quinta Sinfonía nun ton moito máis convencional, seguindo os parámetros do realismo socialista, aclamada pola crítica soviética. Foi descrita polo propio autor como "a resposta dun artista soviético á xusta crítica".

Esta foi a última ópera de Shostakovich. Na década de 1960 compuxo unha nova versión, eliminando as partes máis controvertidas. Actualmente, con todo, a composición orixinal é a máis interpretada.

  1. ↑ гид, Оперный. "1934 - Леди Макбет Мценского уезда". operaguide.ru (en ruso). Consultado o 2024-11-02.
  2. ↑ "Lady Macbeth do Distrito de Mtzensk". IndicaLivros (en portugués). Consultado o 2024-11-02.
  3. ↑ Moynahan, Brian (2013). "Leningrad: Siege and Symphony." Nova York: Atlantic Monthly Press.
  4. ↑ "Bold retelling of Lady Macbeth of Mtsensk stuns at Spain's Liceu Opera". euronews (en inglés). 2024-09-26. Consultado o 2024-11-02.
  5. ↑ OperaVision (2021-05-13). "TRAILER - LADY MACBETH OF MTSENSK Shostakovich – Birmingham Opera Company". YouTube. Consultado o 2024-11-02.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]