Ladislau I de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Ladislau de Hungría
Ladislau I de Hungría
Ladislau I de Hungría
Rei de Hungría; Confesor
Nacemento Reino de Polonia 
27 de xuño de 1040
Morte Neutra (actual Nitra, Eslovaquia), no Reino de Hungría[1] 
29 de xullo de 1095 (55 anos)
Venerado por Igrexa Católica
Templos Abadía de Somogyvár
Festa litúrxica 27 de xuño
Atribucións Arquitectura
Canonización
Data 27 de xuño de 1192, Roma, Estados Papais

Ladislau I,[2] en húngaro: 'László'; nado o 27 de xuño de 1040 e finado o 29 de xullo de 1095, foi rei de Hungría de 1077 até a súa morte. Fillo de Bela I de Hungría e dunha princesa polaca, naceu en Polonia, onde o seu pai se refuxiara, polo que foi bautizado cun nome eslavo.

Ladislau foi canonizado pola Igrexa como San Ladislau, en húngaro: 'Szent László'.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ladislau sucedeu ao seu irmán Geza I despois da súa morte en 1077. Pasou á historia como un dos responsables do fortalecemento do Reino de Hungría mediante a oficialización do cristianismo no país, aliándose co papado contra o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, colonizando a Transilvania e o Baixo Danubio, por levar o Siculo a territorio húngaro e loitar contra os pechenegos e os cumanos.

Ladislau I casou con Adelaida, filla de Rodolfo de Suabia e da súa segunda esposa, Adelaida de Turín. Tiveron polo menos 1 filla:

Á súa morte, en 1095, sucedeuno Colomano, fillo de Geza I.

Na literatura[editar | editar a fonte]

Durante a Idade Media, Hungría xunto coa Península Itálica e o Sacro Imperio Romano Xermánico foi unha das terras das que máis xente partiu para Santiago de Compostela, sendo coñecido o culto ao apóstolo desde principios do século XII, e atopáronse paralelismos entre a figura do Santiago Matamouros e o culto ao rei Santo Ladislau I.

Floris Holik sinalou a sorprendente analoxía entre os poemas de Santiago e San Ladislau, engadindo estes últimos puideron ser froito da imitación consciente dos cantos na honra do apóstolo, o que facilitaría a memorización dos peregrinos. Sándor Bálint tamén destacou que ambos os santos son personaxes que loitan contra os "infieis", o que podería levar á súa eventual asociación posterior.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopedia, Catholic (1913). "St. Ladislaus". 
  2. academia.gal (ed.). "Nome Ladislau na RAG". Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  3. Anderle, Ádám (2007). Hungría y España: relaciones milenarias. Szeeged: Szegedi Egyetemi Kiadó. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Geza I
 Rei de Hungría 
1077 a 1095
Sucesor:
Colomano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.