Laciana
| Laciana | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Laciana (Ḷḷaciana como nome tradicional en patsuezo[1]) é unha comarca tradicional histórica situada na provincia de León (comunidade autónoma de Castela e León), no norte de España.
Contexto xeográfico
[editar | editar a fonte]O Val de Laciana atópase no noroeste da provincia de León, en plena cordilleira Cantábrica. Linda ao leste coas comarcas leonesas de Omaña e Babia, e ao suroeste co Bierzo. Linda tamén cos concellos asturianos de Cangas del Narcea, Degaña e Somiedo.
Laciana atópase atravesada e compartimentada polo río Sil e os seus afluentes.
Trátase dunha zona montañosa que alterna altos cumes con fondos vales, con altitudes que oscilan entre os 950 e os 2.188 metros.
Climáticamente atópase dentro da zona eurosiberiana.
Poboacións
[editar | editar a fonte]O Val de Laciana está conformado polo concello de Villablino, coas poboacións de Villablino, Caboalles de Abajo, Villaseca de Laciana, Caboalles de Arriba, Villager de Laciana, Rioscuro, Eslamiadas de Laciana, Robles de Laciana, Rabanal de Abajo, Rabanal de Arriba, Llamas de Laciana, Orallo, Lumajo, e El Villar de Santiago. No pasado foron 15 poboacións pois San Miguel de Laciana tivo entidade propia ata o ano 1957, cando se anexionou a Villablino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guzmán Álvarez. El Habla de Babia y Laciana (en castelán). ISBN 84-86013-22-4.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laciana |