Ametista impostora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laccaria amethystina»)
Ametista impostora
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Hydnangiaceae
Xénero: Laccaria
Especie: L. amethystina
Nome binomial
Laccaria amethystina
(Huds.) Cooke
Sinonimia

Laccaria laccata var. amethystina (Cooke) Rea

A ametista impostora[Cómpre referencia] (Laccaria amethystina), é un pequeno cogomelo comestíbel e de cor brillante que medra en bosques caducifolios e de coníferas. A súa cor ametista (violeta) vaise perdendo coa idade e o desgaste, o que o fai difícil de identificar, de aí o nome de impostora. O nome común compártase coa especie relacionada Laccaria laccata. Atópase nas zonas temperadas do hemisferio norte, mais tamén atopáronse nalgunhas zonas tropicais de América Central e do Sur. Recentemente a outras especies do xénero déuselle tamén o nome de impostoras. Aparece en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

O chapeu mide 1–6 cm de diámetro, e é inicialmente convexo, tornándose despois aachatado, e normalmente cunha depresión central (embigo). Cando Cando aínda é novo e húmido ten unha cor lila púrpura intensa, que se desvanece coa disecación. Ás veces é algo casposo no centro,[1] e ten estrías pálidas no beirado.[2]

Imaxe electromicroscópica das esporas de Laccaria amethystina

O pé ou esteo ten a mesma cor ca o chapeu, e ten fibrilas abrancazadas na base, que se fan fariñentas na parte superior.[1] É fibroso, oco, bastante áspero cando se esmaga coss dedos, con dimensións de 0,6 to 7 centimetres (0,24 to 2,76 in) de longo por 0,1 to 0,7 centimetres (0,039 to 0,276 in) de ancho.[1] A carne non ten un sabor ou cheiro distitivo, e é fina, cunha cor lila pálida.[1] As lamelas son da mesma cor ca o chapeu, normalmente bastante espazados, e teñen unha voaxa de esporas brancas; a unión co esteo é sinuosa; cunha indentación cóncava antes de ligar o esteo.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Es especie foi descrita en 1778 polo coñecido botánico e farmacéutico inglés William Hudson coma Agaricus amethystinus, e despois púxose no xénero Laccaria por Mordecai Cubitt Cooke. Este fungo tivo moitos binomios, pero o máis frecuente son as referencias á cor ametista. Dunha volta foi emprazada no xénero Collybia, como Collybia amethystina, seguramente pola forma do esteo. O seu lugar actual no xénero Laccaria, co nome específico amethystina, foi usado por Cooke por vez primeira en 1884. En 1922 nomeouse coma unha variedade de Laccaria laccata, Laccaria laccata var. amethystina (Cooke) Rea, considerada hoxe sinónimo.

Características microscópicas[editar | editar a fonte]

As esporas son esféricas, hialinas, e leva espiños en punta (equinulados) que son longos en relación co tamaño da espora; que adoitan ter dimensións de 7 & ndash; 10 por 7 & ndash; 10 m. Os basidios, as células portadores de esporas, son en forma de maza e hialina, e son 30 & ndash; 64,5 por 8,5 e ndash; 14 µm .[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Ametista impostora (Laccaria amethystina) e francesiña (Amanita citrina) en Galiza.
Ametista impostora (Laccaria amethystina) e francesiña (Amanita citrina) nun bosque de Galiza.

L. amethystina é unha especie común na maioría das zonas temperadas de Europa, Asia, América Central, América do Sur, e leste de América do Norte. Medra solitario ou espallado en bosques caducifolios e de coníferas, asociado a micorrizas, especialmente con árbores da orde das Fagales. Aparece a finais do verán ou a comezos do inverno, e frecuentemente en faiais;[1] de América Central e do Sur, ou en carballeiras.[3] As pescudas mostraron que L. amethystina é un fungo-amonio, unha clasificación ecolóxica que se refire aos organismos que medran en solos onde hai moito amoníaco, ou outra forma de nitróxeno;[4] a especie do mesmo xénero Laccaria bicolor tamén é un fungo-amonio.[3]

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

Coma outros membros do xénero Laccaria, esta especie é comestíbel, aínda que xeralmente non se procura para alimentación. Aínda que non é inherentemente tóxico, en solos que están contaminadas con arsénico, pode bioacumular unha elevada concentración de devandito elemento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Roger Phillips (2006). Mushrooms. Pan MacMillan. ISBN 0-330-44237-6. 
  2. Thomas Laessoe (1998). Mushrooms (flexi bound). Dorling Kindersley. ISBN 0-7513-1070-0. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Mueller, 1992. p 7172.
  4. Imamura A., Akio (2001). "Report on Laccaria amethystina, newly confirmed as an ammonia fungus". Mycoscience 42 (6): 623–25. doi:10.1007/BF02460961. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]