Labrus viridis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Labrus viridis
Merlón
Labrus viridis.jpg
Labrus viridis
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Superfamilia: Percoidea
Familia: Labridae
Xénero: Labrus
Especie: L. viridis
Nome binomial
Labrus viridis
Linnaeus, 1758
Sinonimia
Véxase o texto

Labrus viridis, coñecido como merlón por algúns ictiólogos galegos,[2], e por algúns dicionaristas,[3] é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[4][5] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[6] e a FishBase,[7] ou as 17, segundo o ITIS.[8]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especide foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Labrus.

O epíteto específico, viridis, fai referencia á cor máis común deste animal.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle asignou Linneo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Crenilabrus luscus (Linnaeus, 1758)
  • Labrus festivus Risso, 1827
  • Labrus lividus Valencianos, 1839
  • Labrus luscus Linnaeus, 1758
  • Labrus luteus Walbaum, 1792
  • Labrus nardii Perugia, 1866
  • Labrus pincus Nardo, 1827
  • Labrus prasostictes Pallas, 1814
  • Labrus psittacus Lacépède, 1801
  • Labrus rufus Rathke, 1837
  • Labrus saphyrinus Walbaum, 1792
  • Labrus saxatilis Risso, 1827
  • Labrus turdus Linnaeus, 1758
  • Labrus viridis subsp. prasostictes Pallas, 1814
  • Labrus viridus Linnaeus, 1758 (erro gramatical)
  • Labrus zittoides Rafinesque, 1810
  • Labrus zittus Rafinesque, 1810

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Labrus viridis é unha especie litoral que vive en torno aos arrecifes, entre as rochas ou nos leitos de algas, ou de plantas fanerógamas,[9] en fondos de 2 a 50 m.[2] Os exemplares xuvenís viven nas pradeiras de Posidonia sp. a unha profundidade de até os 50 m, onde nadan lenta e suavemente, con ondulacións da aleta dorsal, utilizando as aletas pectorais e ventrais como remos. Os exemplares máis grandes viven en fondos rochosos, sempre a máis de 15 m de profundidade. É un peixe predominatmente solitario.[10]

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de dispersión esténdese desde os 47° e os 20°N até os 18° O e os 42° L, enontrándose no océano Atlántico oriental, desde Portugal até Marrocos, así como no mar Mediterráneo até o mar Negro.[9][11]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas de Labrus viridis son:[2][9][11][10]

  • Corpo ovalado, alongado (é a especie dos lábridos que ten o corpo máis alongado), que pode alcanzar unha lonxitude de até os 50 cm, aíndca que a maioría dos exemplares pescados non pasan dos 35 cm. A pel, que está cuberta de escamas relativmente grandes, e é lisa e suave, estando cuberta de mucosidade.
  • A maioría dos individuos presentan unha coloración verde brillante, cunha banda abrancazada ao longo dos flancos, pero algúns son case completamente negros, mentres que outros teñen manchas brancas na rexión ventral. Os xuvenís a miúdo son de cor verde no dorso e amarelo na parte ventral, aínda que tamén poden seren de cor granate ou analanxado, dependdo do hábitat. Os machos grandes adoitan ter un color máis uniforme.
  • A cabeza é alongada, moderanamente grande. Os ollos son grandes, e as fosas nasais teñen unha dupla abertura. coa boca, de labios grosos, medianamente protráctil. Os dentes son numerosos, grandes, robustos e bastante afiados, estando algo curvados e separados os uns dos outros. Ademais destes dentes bucais dispoñen doutros dentes, planos, na farinxe.
  • A aleta dorsal é moi alongada e baixa, e está sustentada por 18 raios espiñentos e 12 raios brandos. A porción branda é máis longa que alta e presenta a marxe posterior aguda.
  • As aletas pectorais son grandes.
  • A aleta anal, na súa porción branda, presenta as mesmas características que a dorsal.
  • A aleta caudal ten a marxe posterior pouco arredondada, case recta.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

O merlón adoita vivir só, ou en parella, pero ás veces pode formar pequenos cardumes. aliméntase de pequenos de animais bentónicos, principalmente anélidos, crustáceos, equinodermos e moluscos, que trituran coos dentes farínxeos, e tamén de pequenos peixes. Alacanzan a madurez sexual aos dous anos de idade. É hermafrodita proteroxínico (cando nacen todos os espécimes son femias) e, cambian de sexo coa idade. A reprodución ten lugar durante o inverno e a primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen os óvulos, que son custodiados, e fecundados polos mahos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas. Os ovos desenvólvense en 4 ou 5 días. Normalmente, os espécimes menores de 27 cm sempre son femias, e os maiores de 38 cm, machos. Estes peixes poden vivir vinte anos.[1][2][9][10]

En Galicia[editar | editar a fonte]

A primeira cita desta especie en Galicia foi efectuada por Fernando de Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abistmos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.[12]

Nome galego[editar | editar a fonte]

O Dicionario da RAG dá o nome de merlón á especie Labrus merula, co sinónimo de pinto. Porén, esta espece é o pinto, que é o nome máis empregado para denominar esta esta especie en galego, recollido por Ríos Panisse en 34 localidades, seguido de merlón en 9, budión en 6 e merlo en unha.[13]. Dado que hai varias especies que os mariñeiros galegos denominan merlón, e tendo en conta que segundo as normas internacionais para dar nomes vulgares de animais é escoller un mome autóctono distinto para distinguir as especies, seguramente Rodríguez Vllanueva e Vázque escolleron merlón para esta especie.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) este peixe é normalmente raro. Captúrase para a alimentación humana, incluíndo a pesca submarina e para o deporte, e a súa poboación total está en declive, especialmente no Mediterráneo occidental, sendo a pesca unha ameaza en todas as partes da súa área de dispersión, polo que o seu status cualificase como VU (vulanerábel).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pollard, D. & Choat, J. H. (2010): Labrus viridis na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, p. 192.
  3. «merlón [Labrus viridis] s m ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos lábridos, que presenta corpo e cabeza alongados, coloración varioable en que predomina o verde e o laranxa, e a alteta dorsal moi alongada». En Bieito Ledo Cabido, editor, Dicionario de galego, Vigo, 2004, Ir Indo Edicións, ISBN 84-7680-504-7.
  4. Labrus viridis Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  5. 5,0 5,1 Labrus viridis Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  6. Labrus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 10 de agosto de 2020.
  7. Labrus en FishBase. Consultado o 10 de agosto de 2020.
  8. Labrus, Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Labrus viridis Linnaeus, 1758 en FishBase. Consultada o 10 de agosto de 2020.
  10. 10,0 10,1 10,2 Labrus viridis en Club d'Immersió Biologia. Facultat de Biologia. Universitat de Barcelona (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2020.
  11. 11,0 11,1 Bauchot & Pras 1982, p. 308.
  12. Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, p. 193.
  13. Ríos Panisse, M. C. 1977, p. 334.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421. in A. W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma: Italia.
  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Helfman, G.; B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Malden, Massachusetts, USA: Blackwell Science Inc. ISBN 978-0-8654-2256-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World, 4th Edition. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Parenti, P. & J. E. Randall (2000): "An annotated checklist of the species of the Labroid fish families Labridae and Scaridae". Ichthyological Bulletin of the J. L. B. Smith Institute of Ichthyology, 68: 1-97.
  • Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces. Verba. Anuario gallego de filología. Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]