Saltar ao contido

La casa del sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La casa del sur
 Título
    La casa del sur (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
 Cor
      en cor Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
21 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   88 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt15565620 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

La casa del sur é un filme dramático de 2024 dirixido por Carina Oroza Daroca e Ramiro Fierro no seu debut como directores.[1] É unha coprodución entre Bolivia e Colombia, e está protagonizada por Grisel Quiroga[2] xunto con Piti Campos, Arwen Delaine, Alejandra Lanza, Cristian Mercado e David Mondacca.[3]

Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.[5]

Logo da morte da súa tía Lu, Ana regresa a Bolivia despois de 25 anos para vender a casa familiar. É unha viaxe que non quería facer, debido ao doloroso pasado que ela e a súa familia viviron durante a última ditadura militar, a cal a obrigou ao exilio cando era nena. Porén, o regreso permítelle descubrir verdades que descoñecía e reconectar consigo mesma e coa súa casa.[6]

  • Grisel Quiroga
  • Piti Campos
  • Arwen Delaine
  • Alejandra Lanza
  • Cristian Mercado
  • David Mondacca
  1. ↑ Rojas, Sandra Quiroga. "La casa del sur, una película boliviana sobre mujeres". El Deber (en castelán). Consultado o 2025-12-21.
  2. ↑ Pérez, Angela. ""La Casa del Sur": Tres generaciones de mujeres y la dictadura boliviana". Noticine.com. Consultado o 2025-12-21.
  3. ↑ Aliaga, Rodolfo (2025-02-03). "La premiada película boliviana 'La Casa del Sur’ se estrena este jueves". La Razón (en castelán). Consultado o 2025-12-21.
  4. ↑ "98th Oscars® Shortlists in 12 Award Categories Announced". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  5. ↑ "98th Oscars® Shortlists in 12 Award Categories Announced". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  6. ↑ "La nueva película boliviana "La casa del sur" ya está en los cines de todo el país". RC Noticias de Bolivia (en castelán). 2025-02-06. Consultado o 2025-12-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]