A casa da choiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La casa de la lluvia»)

A casa da choiva
Ficha técnica
Título orixinalLa casa de la lluvia
DirectorAntonio Román
ProdutorAntonio Román
GuiónPedro de Juan e Antonio Román
Baseado enLa casa de la lluvia, novela de Wenceslao Fernández Flórez
IntérpretesLuis Hurtado, Blanca de Silos, Carmen Viance, Nicolás Perchicot, Manuel de Juan, Rafaela Satorrés, Luis Latorre, Antonio Bayón e José Ocaña
MúsicaJosé Muñoz Molleda
FotografíaHeinrich Gärtner
MontaxeJuan J. Doria
Estrea4 de outubro de 1943
Duración88 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama, Suspense, Cinema negro
Na rede
IMDB: tt0035718 Filmaffinity: 754700 Editar o valor em Wikidata

A casa da choiva (en castelán: La casa de la lluvia) é un filme galego de 1943 dirixido por Antonio Román.

Argumento[editar | editar a fonte]

Un matrimonio, Fernando e Teresa, vive cunhas modestas rendas nun solitario pazo galego. A visita de dúas persoas para alugaren uns cuartos parece aliviar a amarga situación dos Amil. Mais comezan a xurdir sospeitas, problemas e, aos poucos, revélase un auténtico proceso de namoramento.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Está baseado nunha novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Parte da película foi rodada no Pazo da Picoña, na Picoña, en Salceda de Caselas.[1][2] Foi dobrado ao galego e emitido na TVG o 16 de outubro de 1986, dentro do programa Galicia no cine.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Recortes da historia de Santa María de Salceda". Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  2. "Historias de Salceda de Caselas. El rodaje de "La casa de la lluvia"" (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  3. "Programación". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1986. p. 63.