La Sexorcisto: Devil Music Volume One

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Sexorcisto: Devil Music Volume One
Álbum de White Zombie
Publicado31 de marzo de 1992
Gravaciónmaio de 1991
Estudio(s)321 Studios, Nova York
Duración57:30
Xénero(s)groove metal, heavy metal
Selo(s)Geffen Records
Producido porAndy Wallace
Cronoloxía
God of Thunder
(1989)
La Sexorcisto: Devil Music Volume One Astro-Creep: 2000
(1995)

La Sexorcisto: Devil Music Volume One é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de heavy metal White Zombie, publicado o 31 de marzo de 1992 a través do selo Geffen Records. O disco marcou un gran xiro artístico e comercial para o grupo. Tras recrutar ao guitarrista Jay Noel Yuenger, White Zombie foi capaz de facer o son heavy metal que levaba buscando dende Make Them Die Slowly (1989), mentres incorporaba máis elementos baseados no groove metal ao seu son. O álbum foi o último da banda en contar co batería Ivan de Prume.

O álbum foi un éxito de crítica e comercial para White Zombie despois do fallo artístico de Make Them Die Slowly. La Sexorcisto converteuse no primeiro traballo do grupo en entrar nas listas e chegou ao número 26 da lista Billboard 200 en 1993.[1] Os sinxelos "Thunder Kiss '65" e "Black Sunshine" apareceron con moita frecuencia en emisoreas de radio de rock e na MTV, conseguindo o último a primeira nomeación a un Grammy para a banda. O álbum foi certificado dúas veces platino pola RIAA nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Rob Zombie, toda a música composta por White Zombie.

N.º Título Duración
1. "Welcome to Planet Motherfucker/Psychoholic Slag"   6:21
2. "Knuckle Duster (Radio 1-A)"   0:21
3. "Thunder Kiss '65"   3:54
4. "Black Sunshine" (con Iggy Pop) 4:49
5. "Soul-Crusher" (con Iggy Pop) 5:07
6. "Cosmic Monsters Inc."   5:13
7. "Spiderbaby (Yeah-Yeah-Yeah)"   5:01
8. "I Am Legend"   5:08
9. "Knuckle Duster (Radio 2-B)"   0:25
10. "Thrust!"   5:04
11. "One Big Crunch"   0:21
12. "Grindhouse (A Go-Go)"   4:05
13. "Starface"   5:02
14. "Warp Asylum"   6:44
57:30

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "White Zombie La Sexorcisto: Devil Music Vol. 1 Chart History". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-02-09.