La Revue Blanche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilustración de Toulouse-Lautrec para La Revue blanche (1895).

La Revue blanche foi unha revista literaria e artística en lingua francesa que se publicou entre os anos 1889 e 1903.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi fundada e dirixida polos irmáns Alexandre Thadée e Alfred Athis Natanson. Rivalizou co Mercure de France, de aí o nome (blanche: branca), para marcar o contraste coa cuberta lila do Mercure. Os secretarios de redacción foron o crítico Lucien Muhlfeld e Félix Fénéon, este segundo entre 1896 e 1903. Serviu como voceiro da intelectualidade francesa da época e entre os seus posicionamentos cabe destacar que tomou partido polo acusado do caso Dreyfus.

En 1900 La Revue blanche publicou como serial Le Journal d'une femme de chambre, de Octave Mirbeau.

Colaboradores destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]