La Razón (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Razón
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

La Razón foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1931.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtítulado Semanario. Órgano del Partido Republicano, apareceu o 4 de abril de 1931. Tiña de catro páxinas, un prezo de dez céntimos e imprimíase na tipografía de El Eco de Santiago. Foi fundado polo Partido Republicano para apoiar a candidatura da Conxunción Republicano-Socialista nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Na presentación dise: "La Razón, semanario de idea y combate, será el portavoz de la clase humilde y necesitada. Llevará, en la agilidad de la lucha, la colaboración de la juventud que nació a la vida pública cuando no había derecho, cuando la ley era un mito y el desenfreno una vía legal". Combateu o caciquismo, a candidatura monárquica e reclamou a amnistía para os presos políticos e sociais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]