La Razón (Venezuela)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Razón.
La Razón é un xornal venezolano fundado o 15 de xaneiro de 1995 polo periodista e avogado Pablo López Ulacio.
Está dispoñible en papel os domingos en toda Venezuela. Nel escriben xornalistas e intelectuais de todas as tendencias políticas. Ten un formato tradicional e está orientado cara a política e a economía, baixo unha orientación de centro esquerda.
O actual Presidente de Venezuela, Hugo Chávez, foi columnista deste periódico desde 1996 até 1998, cando ganou a presidencia, mais La Razón leva mantendo unha posición crítica contra o seu goberno, que lle valeu varios xuízos, allanamentos e o propio exilio do seu director, quen desde o ano 2000 vive en Costa Rica.